Lucas Díaz, Diego Rey e Sobrido non seguirán no club

29 de Xuño de 2018

Diego-Rey-Marcha Jose-Sobrido-Marcha

  • Seis xogadores do proxecto teñen contrato en vigor: Sergio Pereira, Álvaro Casas, Naveira, Mon, Ube e Alberto Freire

Santiago de Compostela, a 29 de Xuño de 2018.

O porteiro Lucas Díaz, o extremo Diego Rey e o dianteiro Sobrido non seguirán o próximo ano na SD Compostela. Os dous primeiros, despois de tres tempadas, terminan a súa vinculación co club santiagués, mentres que o terceiro acabou o seu período de cesión.

O club quere agradecer a todos eles o servizo prestado, un gran traballo que nos levou ata o campionato de liga e á final dun playoff no que estivemos vivos ata o último segundo. Ademais, queremos desexarlles a maior das sortes nas súas novas aventuras. Estamos convencidos de que mostrarán o seu gran nivel, do mesmo xeito que o fixeron en Santiago.

Lucas Díaz foi o porteiro con máis partidos nestas dúas últimas tempadas, xogando un total de 58 encontros de liga e os seis do Playoff.

Diego Rey, pola súa banda, na súa segunda etapa na entidade, xogou un primeiro ano no que se destacou como o pichichi do equipo con 11 tantos. No segundo curso, as lesións marcaron o devir do seu ano, acabando de menos a máis. Ao final, foi un dos protagonistas do playoff e contabilizou dous goles na tempada.

Mentres, José Sobrido, chegou cedido ao Compos procedente do Celta e callou un bo ano no seu primeiro curso sénior. En total, o dianteiro disputou 31 partidos de liga, 7 deles de titular, e outros dous máis saíndo do banco no playoff. No seu periplo compostelanista marcou tres tantos.

Xogadores con contrato

Por outra banda, seis xogadores teñen contrato en vigor para este novo curso.  Sergio Pereira, Naveira e Álvaro Casas, fichados o verán pasado; aos que se suman Mon, capitán do equipo, Ube e Alberto Freire.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.