Gabri Palmás: “A miña prioridade era fichar aquí”

11 de Xullo de 2019

Presentación Gabri 1

  • O atacante expresou o seu desexo de achegar o máximo que poida e loitar polo ascenso

Santiago de Compostela, a 11 de Xullo de 2019.

Despois da súa fichaxe hai xa unhas semanas, Gabri Palmás Fervenza presentouse hoxe ante os medios de comunicación na sede da Asesoría Planing, empresa que seguirá colaborando co club unha tempada máis. O novo xogador branquiazul, acompañado polo tesoureiro Carlos Ferreiro, mostrou a súa ilusión por formar parte da SD Compostela nas súas primeiras declaracións.

“Tiña outras ofertas, mesmo dunha categoría superior, pero apostei polo Compos porque me atrae moito o club”, sentenciou un Gabri Palmás que deixou claro que “a súa prioridade era fichar aquí”.

Desde que lle chegou a oferta compostelá, o atacante de Moaña tívoo claro. “Yago e Casti convencéronme coas súas palabras”, comentou.

Dentro do equipo, espera achegar o máximo posible coas súas principais bazas “a velocidade, o traballo e o gol”.  Con esa premisa, tóquelle saír de inicio ou desde o banco, “tentarei facelo o mellor posible”, aclarou.

A pesar de que pode actuar en diferentes posicións, afirmou que lle gusta máis xogar en calquera das dúas bandas. Por iso, encántanlle as características do Vero Boquete. “É o mellor campo posible para as miñas condicións. Xogando neste campo como adversario, o Compostela sométete tanto que custan moito os minutos finais e aos equipos pásalles factura”, explicou.

En canto ás fichaxes, considera que son moi bos, en base ás veces que se enfrontou a eles. “Chegou xente bastante veterana, con experiencia na categoría e en Segunda B, e iso vainos a achegar ese grao”, remarcou.

Entre os que renovaron, Gabri coñece por proximidade a Josiño, co que falou antes de fichar, e ao resto de medirse a eles. Con ese plantel final que se conformará, o moañés ten claro cal debe ser a meta. “Hai que ir partido a partido, buscando os máximos puntos posibles e tentar quedar primeiros e despois ascender”, concluíu.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

56 minutes ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Os nosos iniciaron xa a semana de traballo coa mente posta nun novo derbi 💪Cinco adestramentos para preparar o encontro deste domingo na Lomba #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos ve freada a súa gran serie de vitorias contra o Basconia💪 Os nosos tiveron varias oportunidades claras para levar os tres puntos, pero faltou acertou de cara a gol e o encontro rematou 0-0📸 Ignacio Castaño Gómez#composbasconia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composbasconiaO técnico compostelanista destacou a capacidade do equipo, o bo traballo realizado, ao que so lle faltou o gol, así como o apoio da afección durante todo o choque ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🔚 FINAALCOMPOS 0️⃣-0️⃣ @cdbasconiaTivemos as ocasións, pero hoxe non conseguimos materializalas 🩵🤍En todo caso, nova portería a cero para seguir sumandoGRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO DURANTE TODO O PARTIDO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#composbasconia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-0️⃣ CD BasconiaPrimeira metade con moito ritmo e moi igualada📸 Nacho Castaño #composbasconia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.