Elliot: “Contra o Bergantiños comezou a xeira de vitorias e agardamos que se volva repetir”

15 de Marzo de 20231
Na imaxe, Ramón Castro, directivo da SD Compostela; Jesús Miramontes, de NB21; Elliot e Pilar Miramontes, responsable comercial de NB21.
Elliot e Pilar Miramontes no acto, portando as camisetas do xogador canario.
Na imaxe, Ramón Castro, directivo da SD Compostela; Jesús Miramontes, de NB21; Elliot e Pilar Miramontes, responsable comercial de NB21; frente á sede da correduría de seguros.
    • Elliot valorou a previa do derbi en NB21, o seu patrocinador oficial e do partido do Compos ante o Bergantiños

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023

Tras dous derbis nos que se resistiu o triunfo para o Compos, Elliot pasou revista en NB21 Correduría de Seguros, o seu patrocinador oficial e do derbi contra o Bergantiños, o momento do equipo. A SD Compostela buscará regresar á senda triunfal no partidazo deste domingo, ás 19.00 horas, no Vero Boquete.

Retomar a senda da vitoria. Non é de bo gusto vir destes resultados, pero o equipo está ben e concienciado de que hai que ir a polos tres puntos este domingo.

Punto de inflexión na primeira volta. Contra o Bergantiños foi o partido no que comezou esa xeira de vitorias e agardamos que nesta recta final de liga se volva repetir.

O Bergantiños. Esperamos un rival que virá dalo todo, porque xogar contra nós sempre é unha motivación para o rival. Esperamos un Bergantiños duro, que nos poña as cousas difíciles, pero a polos tres puntos.

Participación no equipo. No mundo do fútbol, unhas veces estás no equipo, outras non. É a cara mala do fútbol, pero sempre o dou todo polo equipo, adestro todos os días ao 100% e é o adestrador o que decide. Se me quere poñer, estarei á súa enteira disposición para o que necesite.

Loitar por todo ata o final. Sempre é bo mirar para o primeiro posto, pero pensando que se pode xogar o playoff. Hai que ir a por todas.

 

O acto serviu tamén para presentar, un ano máis, o apoio de NB21 á SD Compostela. Ambos seguen da man unha nova tempada, como así o reflectiu a súa administradora, Pilar Miramontes.

“Somos un clásico. Sempre apoiamos ao Compostela. Un ano máis, estamos aquí, porque hai que apoiar ao equipo da cidade. É un orgullo estar á beira do Compos. É o equipo da cidade, o principal a nivel futbolístico e este ano reforzamos a nosa vinculación coa canteira, que van da man de NB21”, sinalou.

Ademais, aproveitou o acto para animar ao plantel para seguir pelexando por todo e aos afeccionados para apoiar aos nosos ata final de ano e, en especial, neste derbi.

“Esta tempada vexo ao equipo ben. Deixámonos puntos que non se contaba, pero hai que apertar ata o final, porque nunca se sabe o que pode pasar. Este partido, ao ir patrocinado por NB21, é máis importante para nós. Sendo o Día do Pai, ás sete da tarde, é unha actividade moi boa para realizar en familia e todos temos que ir apoiar ao Compostela, porque o equipo necesítanos”, concluíu a xerente.

One comment

  • Javier

    16 de Marzo de 2023 at 10:23

    Elliot titular

Comments are closed.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.