Brais Abelenda: “Este partido supón unha motivación extra para min”

18 de Novembro de 2020
Brais Abelenda Laucreaciones 2 1
Ramón Castro, director das relacións institucionais do club; Brais Abelenda e Marcos Sanmartín, xerente de Laucreaciones.
  • O atacante branquiazul analizou hoxe en Laucreaciones, o seu patrocinador individual, a previa do derbi contra o Racing

Santiago de Compostela, a 18 de Novembro de 2020.

Na sede de Laucreaciones, empresa que leva nove anos apoiando o proxecto branquiazul e que patrocina individualmente ao xogador, Brais Abelenda analizou a previa do derbi contra o Racing Club de Ferrol, un encontro moi especial para el xa que alí estivo catro anos, mesmo xogando un playoff de ascenso á Segunda División.

O parón. Aproveitamos esta semana sen liga para recuperar os xogadores tocados e descansar. Estivemos adestrando ben, levamos dúas semanas centrándonos no rival desta semana e agardamos que siga a dinámica positiva. Ademais, a tempada pasada alargouse ata xullo e non tivemos moito tempo de descanso, polo que esta semana veunos ben.

Motivación persoal. No grupo motívannos todos os partidos, todos eles son bonitos de xogar, pero a verdade, para min, este encontro si que supón unha motivación extra porque pertencín ao Racing catro anos e teño moitas gañas de xogar o sábado.

Recordo de Ferrol. Teño un recordo moi bo, coa experiencia de poder xogar un ascenso á Segunda División, pero tamén un sabor amargo do último ano, co descenso á Terceira. Agora so quedan Joselu e Seoane da miña etapa, pero na cidade fixen bastantes amigos e estes días si que falei con eles.

Plantel do Racing. Fixo bastantes fichaxes, segue o mesmo adestrador, pero a xente ten que aclimatarse, aínda que de momento semella que lle vai bastante ben. Levan tres encontros sen perder, marcando gol en todos os partidos de liga, polo que o obxectivo noso é seguir coa portería a cero.

Posible partido. En base ao partido que xogamos hai dous anos alí, imaxínome un Racing que nos veña a presionar arriba, que non nos deixe estar cómodos co balón, que será moi duro e físico, pola xente que fichou, polo que desde logo será complicado. Ademais, haberá que estar moi atentos ás súas transicións e ás xogadas a balón parado.

Xogadas a balón parado. A maioría dos equipos de Segunda  B aproveitan moito as xogadas a balón parado e o Racing, neste caso, explótaas moi ben. En base a iso, durante toda a pretempada traballamos moito para mellorar esas accións dos rivais e viuse nestas tres xornadas, nas que apenas concedemos opcións. Esperamos seguir así, porque a portería a cero dá puntos, que é o obxectivo de todas as semanas.

A chegada do gol. Estábamos tendo ocasións, o equipo encóntrase moi cómodo, estábamos tranquilos e sabíamos que podía chegar o gol en calquera momento. Ao final, foi na casa, onde máis cómodos nos sentimos, coa sorte de que fose na primeira ocasión contra o Guijuelo.

Nivel mostrado. Ao seguir o bloque, coñecémonos moi ben entre nós e a idea do míster, polo que nos encontramos moi cómodos e penso que demos un nivel bastante bo ata o de agora e agardamos que siga sendo así.

Falso nove. Yago déixame liberdade para moverme pola zona de ataque e a verdade é que me sinto cómodo e gústame moito a posición. Xa estou afeito do ano pasado, ata a chegada de Primo, e estou contento xogando aí.

Feeling cos compañeiros. Ao levar varios anos coa mesma xente, sabemos o que lle gusta a cada compañeiro e ao partir desde aí gústame moito baixar a recibir e que a xente da segunda liña poida sorprender ás defensas rivais.

LAUCREACIONES

Aproveitando a celebración do acto nas súas instalacións, Marcos Sanmartín, xerente de Laucreaciones, quixo agradecer a visita do Compostela, en particular, e recoñeceu que para eles que un deportista como Brais Abelenda porte a súa marca nos seus ombros “é un orgullo”.

Ademais, recordou unha anécdota do curso pasado. “Lembro que o ano pasado cando facíamos a presentación de Pablo Antas, coincidía co noso décimo aniversario, e pedíalle ao club o ascenso, o cal se cumpriu. Para o próximo ano tamén traio deberes, aínda que non vou a ser tan esixente. Sería un pracer que o equipo seguise na Segunda B, celebrando unha nova presentación a tempada próxima nas nosas novas instalacións, que abriremos en vindeiras datas”, explicou.

Do mesmo xeito, en relación co club, “tamén é de xustiza felicitar ao club en xeral, non só polo ascenso, senón pola dinámica que atesoura nestes nove anos que levamos da man, cun recordo especial para as categorías inferiores”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 UN DOMINGO PARA DALO TODO NO CAMPO E NA BANCADA🙌 Por cortesía do patrocinador, Galicia Calidade, cada abonado maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN (a partir de mañá) no Centro Comercial As Cancelasℹ️ A invitación pode recollerse, desde mañá martes e ata o sábado, das 10.30 ás 21.00 no Punto de Información🆚 Real Avilés Industrial C.F. 🗓️ 28.04.24⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete🫂 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Galicia Calidade 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/661f807a570bb914716190#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Os nosos descansan hoxe para centrarse, dende mañá, no partido decisivo deste domingo contra o Real Avilés Industrial C.F.!💪 Un único obxectivo 👉GAÑAR #composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 Vitoria necesaria e merecida para os nosos en Oviedo, 0️⃣-1️⃣👐 O tanto de @davidgrande9 permítelle ao Compos seguir loitando polo playoff📸 @realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAALReal Oviedo Vetusta0⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤⚽️ David Grande 💪 SÓ VALÍA GAÑAR E GAÑOUSE! PARTIDO MOI SERIO DOS NOSOS QUE SUMAN OS TRES PUNTOS CON TODO MERECEMENTO! 🙌 VOLVEMOS GAÑAR COMO VISITANTES!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸Real Oviedo Vetusta0️⃣-0️⃣COMPOS 💛🖤👉 Dominio no xogo dos nosos, pero sen conseguir grandes oportunidades. Toca seguir intentándoo!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.