Bicho, de volta en Segunda B co Compos

9 de Agosto de 2020
Renovación Bicho 1
  • Tras dúas etapas de medio ano, o mediapunta renovou o seu contrato por unha tempada

Santiago de Compostela, a 9 de Agosto de 2020.

Javier Fernández Abruñedo, Bicho, regresa á Segunda B e faio da man do Compos. O mediapunta sadense, tras dúas etapas de medio ano na entidade compostelanista, renovou o seu contrato por unha tempada para seguir gozando do fútbol no Vero Boquete de San Lázaro.

Aos seus 24 anos, o novo futbolista branquiazul está de volta nunha categoría que coñece moi ben, debido a que xa xogou nela catro campañas, acumulando 75 encontros. Con toda esa experiencia acumulada nas filas do FC Barcelona B, Racing Club de Ferrol, RC Deportivo Fabril e a propia SD Compostela, tentará axudar ao club para lograr os seus obxectivos.

Deste xeito, o Compos seguirá contando coa enorme calidade dun xogador diferencial, que destaca pola súa capacidade para o último pase e o seu bo golpeo de balón. Estas calidades quedaron patentes desde o seu regreso á capital galega, sendo moi protagonista na consecución do ansiado ascenso á división de bronce do fútbol nacional.

A pesar de que só puido disputar sete encontros, como consecuencia do parón da competición polo coronavirus, a súa adaptación ao equipo foi moi rápida e iso plasmouse sobre o terreo de xogo. Especialmente, o seu fútbol notouse nun playoff exprés no que asinou a asistencia do primeiro gol contra o CD Barco. A esta, sumou algunha máis en liga, como no partido contra o Bergantiños, así como un gol na visita a Abegondo.

Coa súa renovación, Yago Iglesias conta xa con once xogadores para a campaña de regreso do Compos á Segunda B: Pato Guillén, Borja Rey, Álvaro Casas, Samu, Baleato, Pablo Antas, Josiño, Bicho, Juampa, Gabri Palmás e Brais Abelenda.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.