Anxo Pérez: “A nosa casa igualará a diferenza de categoría”

15 de Outubro de 2019
Manu Castiñeiras e Anxo Pérez con Pilar e Jesús Miramontes, xerentes de NB21 Correduría de Seguros.
Manu Castiñeiras e Anxo Pérez con Pilar e Jesús Miramontes, xerentes de NB21 Correduría de Seguros.
  • O porteiro analizou a previa do partido ante o Coruxo nas instalacións de NB21

Santiago de Compostela, a 15 de Outubro de 2019.

O porteiro da SD Compostela Anxo Pérez visitou esta mañá as instalacións de NB21 Correduría de Seguros, patrocinador oficial do club, para analizar a previa do encontro contra o Coruxo, dos oitavos de final da Copa Federación. O gardameta explicou a dificultade que entraña o choque, aínda que confía ao mesmo tempo na maxia do Vero Boquete.

Temos un partido difícil, contra un rival de categoría superior, pero é unha boa oportunidade para meternos na Copa do Rey e tentarémolo conseguir”, comentou ante os medios de comunicación presentes no acto.

Precisamente, destacou a calidade do plantel do cadro vigués, malia que se deberá comprobar nun terreo de xogo no que os nosos se senten tan cómodos. “Non empezaron moi ben, pero atópanse en metade de táboa, contan con bos xogadores e mañá espero un partido igualado, porque ao xogar na nosa casa pode igualar esa diferenza de categoría”, apuntou.

Ademais, os branquiazuis chegan ao fortín con fame de vitoria, despois dunha derrota ante a UD Ourense nun encontro no que mereceron mellor sorte. “A segunda parte foi moi boa, con moitas ocasións para igualar ou poñernos por diante, pero lamentablemente non puido ser. O porteiro foi o seu mellor xogador, hai veces que pasa, pero a competición é moi longa e esta é a liña para seguir”, analizou.

Tendo claras esas fortalezas mostradas no xogo, os nosos esperan conseguir un mellor resultado no duelo de mañá, un derbi especial, xa que o que gañe clasificarase para uns cuartos de final nos que se decidirá que equipo do grupo 1 da Copa RFEF acode á primeira rolda da Copa do Rey.

Para este encontro, no que Yago Iglesias conta con tódolos xogadores á súa disposición, o corpo técnico poderá elixir aquel equipo que mellor se adapte ás circunstancias do mesmo, un once no que agarda estar Anxo. “Non sei aínda se vou xogar, espero que si, pero temos que agardar a mañá para sabelo”, remarcou.

Con todo, conte ou non con minutos, o cancerbeiro ten claro cal debe ser o seu labor dentro da entidade. “De momento traballo a tope nos adestramentos para facelo o mellor posible e axudar ao equipo nas oportunidades e minutos que teña”, concluíu.

Así, todos chegan ao enfrontamento de mañá con moitas ganas de superar este reto difícil, pero moi ilusionante. A partir das 20.30 horas estará enfronte o Coruxo, de Segunda B, pero os nosos confían en vencer co apoio da afección.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🤝 Manu Barreiro visitou o pasado venres aos nenos e nenas do CEIP de Arzúa🩵🤍 Un encontro, enmarcado nas actividades de promoción do deporte e dos valores do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, no que puido compartir a súa experiencia no mundo do fútbol🙌 Unha gran visita, na que tamén entregou invitacións para o partidazo decisivo ante o Real Avilés Industrial C.F.#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 UN DOMINGO PARA DALO TODO NO CAMPO E NA BANCADA🙌 Por cortesía do patrocinador, Galicia Calidade, cada abonado maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN (a partir de mañá) no Centro Comercial As Cancelasℹ️ A invitación pode recollerse, desde mañá martes e ata o sábado, das 10.30 ás 21.00 no Punto de Información🆚 Real Avilés Industrial C.F. 🗓️ 28.04.24⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete🫂 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Galicia Calidade 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/661f807a570bb914716190#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Os nosos descansan hoxe para centrarse, dende mañá, no partido decisivo deste domingo contra o Real Avilés Industrial C.F.!💪 Un único obxectivo 👉GAÑAR #composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 Vitoria necesaria e merecida para os nosos en Oviedo, 0️⃣-1️⃣👐 O tanto de @davidgrande9 permítelle ao Compos seguir loitando polo playoff📸 @realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAALReal Oviedo Vetusta0⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤⚽️ David Grande 💪 SÓ VALÍA GAÑAR E GAÑOUSE! PARTIDO MOI SERIO DOS NOSOS QUE SUMAN OS TRES PUNTOS CON TODO MERECEMENTO! 🙌 VOLVEMOS GAÑAR COMO VISITANTES!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.