Allyson: “A afección é fundamental nestes partidos”

10 de Maio de 2023
O Restaurante San Jaime é o patrocinador de Allyson e da última xornada de liga.
Miguel Calviño e Allyson na Praza de Fonseca.
Ramón Castro, directivo do Compos, Miguel Calviño, xerente do San Jaime, Allyson e Miguel Fernández.
Rolda de prensa con Allyson no San Jaime.
  • O dianteiro analizou a última xornada no Restaurante San Jaime, o seu patrocinador oficial e do importantísimo duelo ante o Marino de Luanco

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023

Nas instalacións do Restaurante San Jaime, na zona vella compostelá, Allyson analizou esta tarde como chega o Compos á última xornada de liga. Con vantaxe para conseguir a clasificación para o playoff, os nosos queren dar ese último paso, este domingo, diante dos seus, ante o Marino de Luanco.

Por iso, adiantou, o equipo está mentalizado e convencido para conseguir o obxectivo. Os nosos están a traballar duro para sumar o triunfo e poder celebrar esa ansiada clasificación para a fase de ascenso. Ademais, o ariete pediu tamén o apoio do público, debido a que este é un partido para que a afección leve polo aire ao Compos ata a vitoria.

Nesta liña, o club levou a cabo unha promoción para levar o máximo público posible ao estadio. As entradas custarán cinco euros para os adultos, en ambas bancadas; os menores de idade entrarán gratis, previa retirada de invitación; e todos os locais de hostalería que colaborar co club (uns cincuenta) recibiron vinte invitacións cada un para poder repartir cos afeccionados que así o desexen. Con todo iso, espérase unha gran entrada para a gran cita. “Todos ao Vero Boquete”, é o lema.

 

Declaracións de Allyson no San Jaime.

 

Estado físico. Totalmente recuperado e listo para afrontar esta semana.

Sensacións do equipo. Creo que o equipo está moi ben. O outro día foi unha pena, porque creo que en quince minutos perdemos o partido, porque logo tivemos oportunidades de remontar, polas sensacións do encontro. Por iso, creo que o equipo chega moi ben para afrontar este último partido de liga.

Como se afronta un partido como este. Temos que mirar para nós mesmos. Temos que saír desde o minuto un, na casa, a gañar o partido, sen reviravoltas, sen pensar no empate e sen pensar nos demais. Pensar en nós mesmos e saír a gañar o encontro.

Importancia do apoio da afección. Sen dúbida, a afección é fundamental nestes partidos. A súa axuda nótase e cando o campo está a rebentar é un plus para nós.

Un encontro de playoff. É unha final. Non nos vale outra que gañar para estar en postos de playoff e creo que debemos centrarnos en nós mesmos. Facer unha semana moi boa para chegar moi ben ao encontro.

O rival. Eles non se xogan nada e a ver en que plan veñen. Pero o dito, nós debemos enfocarnos en nós mesmos, a pensar en adestrar ben esta semana e estar todos dispoñibles para saír o domingo a gañar.

Tempada individual. Foi unha tempada bastante mala a nivel persoal. Moitas lesións, moitos problemas… pero estamos ao final e non é cuestión de pensar en min, nin moito menos. Temos que pensar no equipo, en estar dispoñible e axudar en todo o posible ao equipo, en todos os aspectos. Teño que axudar en todo o que sexa posible ata acabar a tempada, que oxalá sexa cun ascenso.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.