Yago Iglesias segue á fronte do proxecto branquiazul

17 de Xuño de 2019

Yago-Iglesias-Renovación

  • O corpo técnico renova a súa vinculación co club por un ano

Santiago de Compostela, a 17 de Xuño de 2019.

A noticia que todos agardaban confirmouse esta tarde, Yago Iglesias Estepa e o seu corpo técnico seguirán á fronte do proxecto branquiazul coa intención de devolver ao seu equipo a unha categoría superior. O técnico santiagués renova a súa vinculación co club por un ano, polo que cumprirá a súa cuarta tempada dirixindo a un plantel que sempre encomiou a súa faceta.

Desde a súa chegada fai tres veráns, o adestrador, acompañado polo mesmo corpo técnico, deixou o seu selo plasmado nun conxunto que sempre aposta polo bo trato do balón, por someter ao rival a través da posesión e que foi nomeado por moitos adestradores que pasaron polo Vero Boquete de San Lázaro como o que mellor fútbol realiza da categoría.

Ademais, neste tempo, os futbolistas que estiveron baixo o seu cargo manifestaron en continuas ocasións que, co labor do técnico, melloraron os seus recursos futbolísticos, tanto a nivel técnico como táctico, calidades que casan á perfección coa filosofía da entidade, a cal leva anos apostando por xente nova, da casa e con moita proxección.

Ata o momento, na súa etapa en Santiago, Yago Iglesias dirixiu á SD Compostela nun total de 114 encontros en Terceira División, aos que se suman oito de playoff e outros dous de Copa do Rey. En Liga, con el ao mando, sumamos 64 triunfos, o que supón un 73 % de vitorias, 24 empates e 26 derrotas.

A maiores, conquistou o campionato de Liga da tempada 16/17, con 86 puntos, e tamén unha Copa Deputación, o pasado mes de agosto. Así mesmo, ostenta o récord de 10 vitorias seguidas da entidade, na 16/17, e nestes tres cursos o seu plantel sempre foi dos máis goleadores do grupo. A única espiña foi non lograr o ascenso, o cal rozou hai case un ano e tivo preto este tamén, polo que quere quitala de encima.

Deste xeito, todos estes datos e vivencias abalan a un técnico novo que sentou cátedra na súa cidade, sendo a persoa mellor preparada para dirixir o camiño do Compos á Segunda División B. Xuntos tentarémolo unha vez máis, porque ambos merecemos un salto de categoría.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.