Yago Iglesias contento co rendemento do equipo

WebYago

Santiago de Compostela, a 21 de Xullo de 2016.

“Para levar dous días de adestramento e co rival que tiñamos enfronte, que estaba na súa terceira semana de preparación, a verdade é que o equipo aguantou moi ben”, comentou Yago Iglesias.

O técnico ribeirense mostrouse ademais sorprendido coa compenetración do equipo: “Chamounos a atención o acoplado que estaba o equipo despois de tan poucos adestramentos”, comenta.

Para o encontro, “a idea era ver o que estibemos traballando. Para iso empregamos dous once mesturados, sen titulares nin suplentes, para compensar, e deu moito resultado”, resalta.

De cara ó que resta de semana, Yago explica que “temos que seguir na mesma liña de adestramento que ata hoxe e volver a velos cun rival distinto o domingo”. Unha primeira semana de adaptación, na que se está traballando máis “co posicionamento no campo”.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado