Xuvenil e Cadete queren seguir firmes na Liga Galega

14 de Xaneiro de 2020
Resultados 14 Xaneiro 1
  • Ambos gañaron como visitantes, polo que afianzan as súas posicións na táboa

Santiago de Compostela, a 14 de Xaneiro de 2020.

A primeira xornada completa deste 2020 para as categorías inferiores da SD Compostela saldouse con dez triunfos, un empate e seis derrotas. Destacan, especialmente, as vitorias do Xuvenil A e Cadete A para seguir na parte alta da liga Galega, posicións similares que tamén ocupan o Cadete B, Infantil A, Benxamín A, Prebenxamín A ou Biberón A, outros dos equipos que sumaron de tres esta fin de semana. As outras chegaron dos dous alevíns e do Prebenxamín B, mentres que o Infantil B foi o que empatou.

En primeiro lugar, o SD Compostela-Zona Vella non puido manter a súa gran dinámica na súa visita ao San Mamed. Os locais saíron moi enchufados e puxéronse rapidamente en vantaxe, impedindo a resposta branquiazul. O encontro terminou cun 3-1, mesmo resultado que ao descanso, sendo Alberto Fernández o goleador compostelanista.

Mesmo resultado, pero ao seu favor, foi o cultivado polo Xuvenil A, líder intratable do grupo 1 da Liga Galega. Os branquiazuis refixéronse do tropezo no seu debut no 2020, cun incontestable triunfo por 1-3 ante o As Pontes, logrando tres puntos que lle permitiron, mercé ao resto de partidos, ampliar a renda co segundo ata a oito puntos. Os goles de Manuel Rivas, Christian Fernández e Jaime Taboada permitiron a remontada e o consecuente primeiro éxito do ano.

Por contra, o Xuvenil B non tivo tanta sorte e caeu en casa, por 2-4, contra o Bastavales. Uxío Figueroa e Sergio García puxeran a vantaxe momentánea para os locais nos primeiros compases do choque, pero os visitantes reaccionaron coa actuación estelar de Gabriel Mirazo, autor dun hat trick.

Imitando aos maiores, o Cadete A tamén alcanzou un meritorio e complicado triunfo, o segundo do 2020, na súa vista ao Bergantiños, ao que superou por 0-3. Os de Iván Carril marchan terceiros na táboa, a seis do líder e a tres do segundo, grazas a esta nova vitoria, na que tivo un papel protagonista Xaime Paz, autor dun dobrete na primeira media hora. O pichichi Iker Carril pechou o partido no desconto.

Nesa mesma terceira praza está situado tamén o Cadete B, a quen lle queda por disputar o partido aprazado contra o líder, o Burgo das Nacións. Mentres non chega ese duelo, esta fin de semana superaron por 4-0 ao Amio, con goles de Yago Lois, Joel Rolf Seoane, Brais Rodríguez e Anxo Lorenzo. No outro grupo, o Cadete C caeu por 0-4 ante o CF Cire Melide, primeiro clasificado.

Para rematar en fútbol 11, o Infantil A cultivou un gran triunfo por 0-8 ante o ED Xuventude Oroso B, co que se mantén na terceira praza da liga. Un póker de goles de Lucas Dagnac foi o máis destacado dun encontro no que tamén mollaron Ruibo Yang, Leo González, Álvaro Espasandín e Lois Lortes. Mentres tanto, o Infantil B, esta vez, non puido completar o dobrete, xa que empatou 3-3 contra o La Salle. Yago Vilariño, Daniel Ouro e Juan Manuel Millán foron os goleadores branquiazuis.

En fútbol 8, o Alevín A si superou ao La Salle, por 5-0, polo que progresou na táboa, selando así un dobrete na categoría, xa que o Alevín C venceu por 2-3 ao Victoria C. Tamén sacou os tres puntos o Benxamín A, que subiu ao segundo posto, despois de gañar ao Peleteiro, ao que adianta na clasificación. Peor sorte tivo o Benxamín B, que perdeu ante o Cacheiras B. Ademais, o Prebenxamín A gañou ao Villestro, para volver ser terceiro, mentres que o Prebenxamín B superou o venres ao La Salle, en partido aprazado, pero caeu o domingo ante o Peleteiro.

Por último, en fútbol sala, o Biberón A venceu por 1-2 ao Villestro A, ao que adianta na clasificación para ser terceiro. Pola súa banda, o Biberón B perdeu 3-0 co Jogafan Ordes, que marcha primeiro no seu grupo.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎟️ Entre as iniciativas realizadas para o partidazo contra o Real Avilés Industrial C.F., da man do noso patrocinador Galicia Calidade, repartimos invitacións a todos os clubs conveniados da Canteira Picheleira🩵🤍 Precisamos o apoio de todos para acadar unha vitoria decisiva#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Jaime Santos🗣️ Na PREVIA tamén falou o xogador asturiano, quen destacou a confianza do equipo e analizou ao rival#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA do técnico compostelanista antes do partidazo decisivo deste domingo, ás 12.00 no Vero Boquete, ante o Real Avilés Industrial C.F. ⚽️ O técnico só se centra en conseguir o triunfo o domingo#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario o noso gran ©️, Álvaro Casas 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Álvaro! Que veñan acompañados de moitos éxitos e celebralos xuntos sobre o verde! 🙌📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información do Centro Comercial As Cancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.