Xornada de confraternidade entre as directivas da SD Compostela e CSD Arzúa

Membros de ambas directivas na xornada de onte.
  • A cita foi organizada por Agrobótica, empresa colaboradora de ambos clubs

Santiago de Compostela, a 9 de Setembro de 2020.

As directivas da SD Compostela e do CSD Arzúa tiveron onte unha xornada de confraternidade organizada por Agrobótica Santiago e Agrobótica Arzúa, empresa colaboradora de ambos os clubs.

Na cita, ambas entidades tamén trataron diferentes cuestións entre as que destacou, principalmente, as dificultades xeradas a todos os equipos como consecuencia da pandemia, así como os principais riscos. Doutra banda, sentaron as bases para explorar vías de cooperación entre ambos os clubs, co obxectivo de asinar un convenio de colaboración.

Por outra banda, a SD Compostela quere agradecer a Agrobótica a organización desta xornada, así como a colaboración co proxecto branquiazul.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado