Xogadores e corpo técnico do Compos dan negativo nos test

6 de Xuño de 2020
IMG 20200606 095655 1
Os nosos saudándose antes de realizar as probas.
  • Os nosos pasaron as probas esta mañá na sede da Federación no Vero Boquete
  • O club agradece á RFEF e Futgal a seguridade e o trato recibido durante a realización dos test

Santiago de Compostela, a 6 de Xuño de 2020.

Os xogadores, corpo técnico, persoal médico e encargados de material da SD Compostela deron negativo nos test da covid-19. Os nosos realizaron esta mañá as probas na sede da Real Federación Galega de Fútbol no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, coñecendo as resultados horas máis tarde.

Os primeiros en pasar a proba foron os membros do corpo técnico ás 9.00 horas. A seguir, por grupos de seis e sete futbolistas, os branquiazuis foron someténdose aos controis dos doutores, concluíndo ás 11.30 horas.

Unha vez coñecidos os resultados, o club mostra a súa satisfacción por saber que todos están ben e que poderán iniciar os adestramentos este luns. 

Ao mesmo tempo, a SD Compostela agradece á Real Federación Española de Fútbol e á Real Federación Galega de Fútbol a seguridade, facilidade e coordinación na realización dos test, así como a dilixencia coa que levaron a cabo e o gran trato recibido durante a matinal.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Michel Alonso 🗣️ Valoración do técnico branquiazul trala derrota o UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O Compos cae no Vero Boquete contra o Langreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-1️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸COMPOS 🩵🤍0️⃣-0️⃣UP Langreo#ComposLangreo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.