Xogadores da base convocados polas seleccións galegas

FUTGAL - copia

Esta tarde seis xogadores da base da S.D. Compostela foron convocados polas seleccións galegas sub 15, sub 12 e Sub 15 Feminina para unha sesión de adestramento. Mentres as categorías masculinas levarán a cabo dita sesión no Campo de Fútbol das Cancelas ás 16:00h, a Sub 15 Feminina adestrará no Campo Municipal do Sergas ás 16:30h.

A relación de xogadores convocados son:

Sub 15 Masculina Fútbol Campo:

-Alejandro Díaz Garayzabal

-Pablo Redondo Penas

Tamén o Coordinador da base da S.D. Compostela, Juan Vicente Cameán, foi convocado no posto de segundo adestrador para a Sub 15 Masculina.

Sub 12 Masculina Fútbol 8:

Nesta categoría os xogadores convocados son:

-Rubén Casas Xusto

-Antón López Leal

-Martin Burgos González

Sub 15 Feminina Fútbol Campo:

A xogadora Marta Domínguez, capitá na categoría de Cadete, foi convocada esta tarde para unha sesión de adestramento coa Selección Sub 15 Feminina. O adestro terá lugar no Campo Municipal do Sergas ás 16:30.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado