Vitoria de visitantes e marca histórica

14 de Decembro de 2019
  • O Compos superou ao Pontellas por 0-2 e Pato superou os 652 minutos de imbatibilidade

Santiago de Compostela, a 14 de decembro.

A SD Compostela segue de doce. Os branquiazuis superaron ao Pontellas por 0-2, no regreso á competición, logrando tres puntos que lle dan o liderado provisional. Gabri Palmás e Brais Abelenda marcaron na segunda metade, nun encontro no que Pato Guillén superou a marca de imbatibilidade de Docobo, e segue sumando.

A pesar da choiva e do campo de herba artificial, o Compos saíu a San Campio a por todas, apertando desde o inicio e con ganas de levar a pelota ao arco rival. O Pontellas defendíase como podía e os branquiazuis chegaban á área defendida por Toni en continuas ocasións, aínda que sen fortuna na definición.

Despois dun lanzamento de falta moi perigoso, os santiagueses abriron a lata cun cabezazp de Hugo Sanmartín a centro de Gabri Palmás pero, con todo, o linier levantou a bandeira e a xogada quedou anulada por fóra de xogo.

O tanto anulado subiu aínda máis a moral aos nosos, que atacaban cada vez máis en campo contrario. No 20, tívoa Pablo Antas, tras cesión de cara de Brais Abelenda, pero o seu disparo desde a frontal foise ao traveseiro, cando a bancada xa cantaba o gol. E tres máis tarde, foi Jimmy o que non atopou a portería cun tiro tamén desde a frontal que se marchou rozando o pau.

Antes do intermedio, e entre continuas interrupcións por faltas locais, rozou o tanto de novo Antas, pero o seu remate de cabeza á saída dun córner marchouse arriba, nunha xogada que chegaba dun balón ao que Primo chegou moi forzado.

Á volta dos vestiarios, e tras uns instantes de tenteo, os branquiazuis volveron á carga pasados os cincuenta minutos, unha presión que acabaría, por fin, co tanto tan buscado. Primeiro, rozouno cun balón que se paseou pola área pequena, pero que non atopou rematador. Despois, Hugo Sanmartín cruzouna demasiado coa esquerda ante o porteiro. E, a continuación, Brais Abelenda e Primo, en dúas accións claras, mandaron senllos tiros ás mans do meta.

Con todo, era tal o arreón, que acabou chegando a diana. Nunha xogada ensaiada, Pablo Antas serviu a falta rasa para Soto, o central plantouse ante Toni e puxo o pase da morte para que Gabri Palmás marcase a pracer. Era o premio aos merecementos santiagueses.

Pese ao gol, o Compos seguiu fiel ao seu estilo, dominando coa pelota para evitar que o Pontellas tivese opción de igualar, e non só iso, senón que puido anotar o segundo nunha contra. Brais Abelenda, que está de doce, marcou un novo golazo no 80, cando superou ao porteiro cunha preciosa vaselina que acabou no fondo da rede. O de Bembibre non fallou coa súa chamada ao gol e xa leva nove tantos na competición.

Nos últimos minutos, os branquiazuis baixaron o ritmo, chegaron os últimos cambios e o encontro morreu cun novo triunfo dos nosos. Un encontro ademais que serviu para que Pato Guillén fixese historia, logo de que superase os 56 minutos necesarios sen encaixar, cos que superou a Docobo. A conta ademais segue en marcha e xa se aproxima aos 700 minutos.

Con tres puntos máis no bote e co liderado provisional, a falta de que dispute o Ourense CF o seu encontro, o Compos encara xa a última semana do ano, que se pechará co encontro contra o Choco no Vero Boquete de San Lázaro.

FICHA TÉCNICA:

0- CD Pontellas: Toni; Pablo Fernández, Elías, Lucas (Díaz, m.39), Edu Rodríguez; Diego Blanco, Telmo, Michael, Santi (Nando, m.63); Berto e Álex Fernández (Serxio, m.69).

2- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Jimmy, Baleato, Pablo Antas; Gabri Palmás, Hugo Sanmartín (Samu, m.76), Brais Abelenda (Mon, m.87); e Primo (Rodri, m.88).

Goles: 0-1: Gabri Palmás, min.58; 0-2: Brais Abelenda, min.77.

Árbitro: Espasandín Cores (A Coruña). Amoestou a Pablo Fernández, Edu Rodríguez, Michael e Toni, polos locais; e a Pablo Antas e Primo, polos visitantes.

Incidencias: Campo de San Campio (Pontellas). Partido da décimo sexta xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 300 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.