Víctor Pazos, coordinador da base: “Educar aos nenos e nenas nos valores do deporte creo que é o que marca a diferenza”

2 de Maio de 2018

Para que lle coñeza a xente, cal é a súa experiencia no mundo do fútbol? Podería resumir o seu currículo deportivo?

A miña experiencia coma futbolista foi moi corta, pero intensa. Con 24 anos tiven que deixar de xogar por unha lesión de xeonllo. Xoguei en equipos coma o Xallas, Castriz, Mineiro, Alcaian, Negreira ou Montañeros.

Logo, quitei os títulos de adestrador e no bando estiven no Alcaian, Castriz, Xallas, Bertamiráns, Sporting Zas, Soneira e Tordoia.

Son adestrador Nacional e teño o Curso de Director Deportivo e o Máster de Adestrador, ámbolos dous da RFEF.

Cales serán as súas funcións nesta nova etapa?

A moda de resumo, levarei a dirección deportiva do fútbol base do club.

Semella que este novo proxecto será un punto de inflexión para o club con algúns cambios na estrutura das categorías inferiores. Cal será o novo camiño a seguir?

Primeiramente debemos fixarnos na captación de nenos. A día de hoxe temos os equipos moi escasos de efectivos e fáltannos varios equipos para completar unha boa estrutura. A partir de aí, debemos crear unha metodoloxía tanto deportiva coma de funcionamento acorde co club para obter os mellores resultados.

Cales son as principais bases deste proxecto?

O importante en calquera proxecto de fútbol base e dispoñer en un número de rapaces suficiente para poder levar a cabo un bo plan deportivo.

Despois, contar con un bo grupo de adestradores que formen e optimicen o talento dos rapaces.

E para rematar, apoiarse en unha boa metodoloxía de traballo.

Como coordinador da base, que principios fundamentais cre que se deben de traballar nunha escola de fútbol?

Educar ós nenos nos valores do deporte creo que é o que marca a diferencia. É importante que aprendan de táctica e técnica, pero moitas veces esquecemos outros aspectos igual de importantes: valores coma o compromiso, saber que hai que asistir ós adestramentos sempre, o compañeirismo, axudar ó compañeiro cando te necesita, o sacrificio, dar máis cando xa non se pode, o respecto ou ensinarlles a saber perder e a gañar sen escusas, sen faltarlle ó arbitro nin os rivais. Estes aspectos e un largo etcétera, que si conseguimos inculcarllos teremos moito traballo feito.

Como é a elección de adestradores? Son titulados e formados neste ámbito?

Os adestradores deben ser todos titulados, pero máis alá de titulacións, os adestradores teñen que saber en que club están e o que representa. Teñen que ser apaixonados do fútbol e ter moitas gañas de seguir aprendendo, e saber en todo momento que o club está por encima de calquera “capricho persoal”.

Un dos proxectos que había para este ano era a creación dun equipo de biberóns que acaba de debutar…cal é agora o seguinte obxectivo? Un equipo feminino?

O seguinte obxectivo, como che dicía antes, debe ser completar os equipos que nos faltan. Fáltanos a categoría Prebenxamín no club, e temos que reforzar o resto dos equipos que andan moi escasos de efectivos. Unha vez estea a estrutura ben consolidada exporemos outros obxectivos. Un equipo feminino sería algo estupendo. O club xa tivo un no seu momento e non se descarta nada.

De cantos equipos consta a canteira e que número de xogadores hai a día de hoxe? Está medrando?

Ata agora tiñamos pouco máis de 100 rapaces repartidos en 8 equipos. Agora vimos de incorporar 20 nenos máis en un equipo biberón e para o ano esperamos seguir medrando.

Campus de fútbol no Nadal e verán, torneos…que teñen a maiores os canteiráns do Compostela máis alá da pura competición para seguir dándolle formación?

Pois temos en proxecto varias iniciativas de cara a vindeira tempada. Cremos que a formación deportiva non remata no campo de fútbol. Nutrición, regras de xogo, educación física e outros campos considerámolos moi importantes para unha óptima formación do deportista.

Como se conciencia aos deportistas das categorías inferiores sobre a importancia da nutrición no seu crecemento? Dánselle algunhas pautas sobre como alimentarse?

Pois como che dicía, isto é algo que consideramos importante. Acabamos de incorporar un psicólogo deportivo para a base e queremos incorporar tamén un nutricionista. Aprender a alimentarse de forma saudable cremos que é parte da educación do deportista.

Existe algún control para que os deportistas compaxinen o seu crecemento e estudos coa formación futbolística?

Nese sentido tamén queremos traballar de forma máis activa. Temos un proxecto que de momento non che podo adiantar moito xa que está en proceso de desenvolvemento.

No pouco tempo que leva como coordinador, como viu aos equipos que conforman o fútbol base do club? Hai algún equipo da canteira con algún obxectivo deportivo, máis alá da mera competición e aprendizaxe?

O obxectivo primeiro en calquera dos equipos debe ser que os rapaces se formen coma deportistas desfrutando do que máis lle gusta, neste caso o fútbol. Despois, nun club ca nosa historia, hai que ter ós equipos de fútbol 11 nas categorías máis altas xa que a meta dos nosos pequenos futbolistas debe ser xogar no primeiro equipo.

Como se manexa a un xogador que apunta maneiras de crack? Que calidades o diferencian do resto de xogadores?

En idades tan temperás é moi difícil predicir cales son os que van a despuntar de adultos. Hai nenos que sobresaen moito técnica ou fisicamente e podemos confundilos se xa os tratamos de cracks. É moi importante facerlles ver que teñen que ser humildes e adestrar moito e ben para poder seguir con unha evolución óptima.

Que consello daría aos nenos que comezan agora e soñan con poder chegar a ser profesionais no mundo do fútbol?

Os nenos e sobre todo os pais deben manter os pés na terra en todo momento. A porcentaxe de rapaces que chegan a profesionais é mínima. Non digo que o deban ver coma algo imposible, pero deben saber que han de traballar moi duro, sacrificar moitos momentos e nunca deixar de lado os estudos.

Que futbolista considera un exemplo para as novas xeracións? E adestrador?

Un bo exemplo para os rapaces son xogadores coma Jorge Molina ou Esteban Granero, por exemplo. Xogadores que tiveron que loitar moito para estar na elite e compaxinaron todo ese esforzo cos seus estudos. Teñen dúas carreiras cada un, se mal non recordo, e é algo que non prevalece na Primeira División.

Como exemplo de adestrador vénme a mente Pablo Machín. Sen ter sido un xogador da elite e despois de estar moitos anos na categoría de bronce foise facendo, pouco a pouco, e con moito traballo, un oco entre os mellores adestradores de España.

Que se espera conseguir nun futuro con este proxecto? Hai canteiráns no primeiro equipo?

Pois iso mesmo. Agora mesmo son moi poucos os canteiráns que hai no primeiro equipo. Esperemos que dentro de uns anos o traballo dea o seu froito e poidamos ter unha boa base de xogadores da casa no primeiro equipo.

A pregunta do millón: formación ou competición?

Iso é moi doado de contestar. Creo que as dúas son compatibles, se temos claro en todo momento quen son os que compiten. Para min, en fútbol 8, non ten ningún sentido darlle importancia ós marcadores finais dos partidos. Os rapaces teñen que saír a gañar o partido, xa que esa é a esencia do xogo, pero non debe ser a máxima preocupación do adestrador nin do club. O resultado de eses partidos non se ven nun marcador, senón despois duns anos cando eses rapaces cheguen as ligas galegas ou nacionais. Polo tanto, formación sempre. E competición, xa nas etapas de fútbol 11, pero dándolle prioridade sempre a formación.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🤝 Manu Barreiro visitou o pasado venres aos nenos e nenas do CEIP de Arzúa🩵🤍 Un encontro, enmarcado nas actividades de promoción do deporte e dos valores do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, no que puido compartir a súa experiencia no mundo do fútbol🙌 Unha gran visita, na que tamén entregou invitacións para o partidazo decisivo ante o Real Avilés Industrial C.F.#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 UN DOMINGO PARA DALO TODO NO CAMPO E NA BANCADA🙌 Por cortesía do patrocinador, Galicia Calidade, cada abonado maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN (a partir de mañá) no Centro Comercial As Cancelasℹ️ A invitación pode recollerse, desde mañá martes e ata o sábado, das 10.30 ás 21.00 no Punto de Información🆚 Real Avilés Industrial C.F. 🗓️ 28.04.24⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete🫂 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Galicia Calidade 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/661f807a570bb914716190#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Os nosos descansan hoxe para centrarse, dende mañá, no partido decisivo deste domingo contra o Real Avilés Industrial C.F.!💪 Un único obxectivo 👉GAÑAR #composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
💪 Vitoria necesaria e merecida para os nosos en Oviedo, 0️⃣-1️⃣👐 O tanto de @davidgrande9 permítelle ao Compos seguir loitando polo playoff📸 @realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAALReal Oviedo Vetusta0⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤⚽️ David Grande 💪 SÓ VALÍA GAÑAR E GAÑOUSE! PARTIDO MOI SERIO DOS NOSOS QUE SUMAN OS TRES PUNTOS CON TODO MERECEMENTO! 🙌 VOLVEMOS GAÑAR COMO VISITANTES!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.