“Ver un SD Compostela, con Recambios Balsa, vs Celta, con Grupo Recalvi, será algo insólito”

7 de Agosto de 2020
Cadete A 2
O Cadete A, patrocinado por Recambios Balsa, nun dos partidos da liga pasada.
  • Juan Balsa destaca que o compromiso co club é firme e inamovible

Santiago de Compostela, a 8 de Agosto de 2020.

Nas dúas últimas tempadas, o Cadete A da SD Compostela proxectou polos campos de Santiago e do norte de Galicia a imaxe de Recambios Balsa. Nese tempo, o patrocinador do equipo viu como os nenos que apadriñou deron ata dous saltos de categoría, polo que agora gozará con eles por toda a comunidade, por iso destaca que o seu compromiso co club é firme e inamovible. Con moita ilusión, agora agarda un partido moi especial. “Ver a próxima tempada un SD Compostela, con Recambios Balsa, vs Real Club Celta de Vigo, con Grupo Recalvi, será algo insólito”, indica o seu xerente Juan Balsa.

En primeiro lugar, como están a levar a volta á nova normalidade?

Pois con prudencia no que á saúde se refire, adoptando varias medidas encamiñadas a que tanto o noso grupo de traballo como os nosos clientes se sentan seguros e tranquilos no día a día.

Como lle afectou a unha empresa como a súa, vinculada ao sector do automóbil, o estado de alarma?

Foi un pau duro, partimos dunha planificación moi clara en canto a obxectivos, temos unha estratexia anual que imos plasmando mes a mes cun seguimento moi exhaustivo para que non haxa grandes desviacións, pero unha situación como esta trastórnache todo dun día para outro.

Como afrontan estes próximos meses?

Tivemos un arrinque tras o estado de alarma moi bo, pero, sendo realistas, esperamos certa desaceleración no consumo, e o noso sector tamén o vai a sufrir. Con todo, hai que ser positivos e imprimir ese espírito tanto a clientes como traballadores. No ADN tanto de Recambios Balsa como do Grupo Recalvi o positivismo sempre destaca, e así seguirá sendo.

A nivel deportivo, seguindo os pasos de Grupo Recalvi, apostaron polas categorías base do fútbol santiagués. Cal é o seu obxectivo patrocinando estas categorías?

É un tema de valores, de apoiar o deporte en equipo e a vida saudable desde idades moi pequenas. Non o vexo como unha acción estratéxica dentro da nosa organización.

Supoño que tamén ten unha connotación romántica. Levo case 25 anos sendo socio do Compostela, desde que meu pai me fixo cando ascendeu a Primeira División. Dende aquela teño este sentimento polo club. Poida que o máis vistoso sexan os patrocinios do primeiro equipo, pero para min ver a imaxe da miña empresa nas camisetas dos nenos é o máis bonito que hai.

Co seu apoio, que valores do fútbol base tentan potenciar?

Os mesmos que tento potenciar no meu equipo de traballo: esforzo e traballo en equipo. Crer nun proxecto que se constrúe no día a día, co bo facer de todos e de cada un dos integrantes do mesmo. Iso fai crecer a unha empresa e a un club.

Considera que existe unha implicación empresarial por estas categorías?

Claro que si, só hai que ver a cantidade de empresas que apoian dunha maneira ou outra todas as actividades nas que están presentes os máis pequenos. Creo que todos ou case todos os equipos da canteira do Compos gozan a día de hoxe dun padriño-patrocinador. E os campus que se organizan ao longo do ano tamén contan con numerosos apoios da masa empresarial da cidade.

En relación coa SD Compostela, patrocinan ao Cadete A desde fai un par de tempadas, logrando con vostedes dous ascensos consecutivos. É o soño para calquera patrocinador?

Desde logo que si, no aspecto deportivo non puido saír mellor, a verdade. Enorgullecémonos dos mozos e do ben que o fixeron.

Por que patrocinar a unha categoría como a dos cadetes? Que obxectivos buscan?

Como xa dixen antes, non hai un obxectivo estratéxico dentro do apoio que damos á canteira, e o feito de empezar polo cadete é porque eu tamén xoguei ao fútbol e esta época foi unha das que máis gocei. Foi como facerlle unha chiscadela a esa época.

Que diferenzas, a nivel de visibilidade empresarial, hai entre competir en categoría local a facelo a nivel galego?

Obviamente ver a imaxe de Recambios Balsa en campos de toda Galicia é algo que me gusta, do mesmo xeito que me gusta vela nos campos de Santiago. Plasmar este salto de visibilidade en números nestas categorías xa é máis complicado.

O que si, o que nos vai a permitir este paso adiante é ver a próxima tempada algo insólito, un SD Compostela vs Real Club Celta de Vigo, no que un equipo levará a imaxe de RECAMBIOS BALSA e o outro a de GRUPO RECALVI, será un partido especial.

Por tanto, apoiarán o próximo curso ao equipo en División de Honra.

Sen dúbida, xa o adiantei na resposta anterior, e é que o noso compromiso é firme e inamovible. Sempre que os números o permitan, claro.

Por último, que lles diría aos empresarios composteláns para que se animen a patrocinar a equipos da base da SD Compostela?

A todos aqueles que teñan unha predisposición para facer algo co Compos, que non dubiden en preguntar, en achegarse ao club, xa que hai unha chea de fórmulas para colaborar, adaptables a todo tipo de empresas.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 | @antonpermuy 💛🖤⚽️ ONCE do COMPOS🆚 @realoviedo Vetusta⌚️ 16.00🏟 El Requexón 1#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta⏰ 16.00🏟️ El Requexón 1📺 Youtube Real Oviedo🙌 Só vale gañar!!! Imos a pola vitoria!!!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.