Unha entregada S.D. Compostela sofre a remontada do Real Rácing Club

15 de Decembro de 2015

 

DSC_0035

A S.D. Compostela chegaba á 17ª xornada de liga coa imperiosa necesidade de sumar os tres puntos. Os de Alberto Mariano sabían que se enfrontaban a un rival moi esixente e quizais por iso, o inicio de partido da Esedé foi moi bo, logrando adiantarse no marcador na primeira parte; pero as cousas torcéronse na reanudación para o Compostela coa remontada do conxunto cántabro que conlevou que os tres puntos marchasen a Santander.

Consciente da importancia que tiñan os tres puntos, a S.D. Compostela saíu de inicio con Gerard Oliva e Orbegozo, os seus dous xogadores máis ofensivos, para intentar buscar maior profundidade.

O Compostela foi a polo partido dende o pitido inicial. Presión ao rival e concentración no xogo; esas dúas premisas deron os seus froitos no minuto 23 cun gol de Jordan de cabeza preto do segundo pau aproveitando un disparo de Gerard Oliva que se escapaba longo. O Compostela tomaba a dianteira no marcador, facendo bo o seu dominio no inicio do choque.

Tralo gol do conxunto local, o Real Rácing Club saíu do seu letargo e aos poucos comezou a gañar terreo. No minuto 37 chegaba a súa mellor oportunidade cun disparo dende a frontal da área que Pato logrou atrapar sen maior dificultade.

Malia a vantaxe no marcador, o primeiro contratempo para a Esedé chegou co cambio obrigado de Sergio Sánchez por molestias musculares. Alberto Mariano tivo que anticipar un cambio coa entrada de Fondevila, o que obrigou a reestruturar as posicións dos seus homes.

Antes do descanso o conxunto dirixido por Pedro Munitis tivo a oportunidade de lograr a igualada, pero outra vez Pato lograba manter a portería a cero ao despexar coas mans un disparo dende a frontal da área.

Na reanudación o Rácing de Santander mostrou outra actitude; máis ambicioso, disposto a intentar remontar o partido; e esa mellor disposición dos cántabros permitiulle lograr o empate no minuto 54; nunha acción que naceu nos pés de Dioni e que completou cun bo testarazo Coulibaly.

Con táboas no marcador, o partido entrou nunha nova dimensión: máis igualdade e escasas ocasións. Gerard Oliva intentouno por parte do Compostela no minuto 68 pero o seu disparo non atopou a portería.

Con todo, a un minuto do final, o Real Rácing Club si sacou rédito nunha das súas escasas chegadas. Un centro de Cerro pola banda esquerda atopou o afortunado e preciso remate de Dioni; un gol que provocou o estallido de xúbilo por parte dos santanderinos e unha gran decepción nos homes da Esedé; que de novo vían como o seu esforzo e a súa entrega non atopaban o premio que quizais merecían.

Ao término do partido, Pedro Munitis, o adestrador do Rácing de Santander, aludía ao infortunio que persegue á Esedé en moitos partidos: “A verdade é que o Compostela non está tendo o premio dos resultados en función do xogo que practican”.

Pola súa banda Alberto Mariano considerou a derrota como un “castigo excesivo”. O adestrador do Compostela destacou a actitude dos seus xogadores: “Deron o que tiñan, vin un equipo comunicativo, sen reproches e solidario”. Consciente da necesidade de sumar puntos, o técnico do Compostela, destaca que “agora non nos vale outra cousa que non sexa sumar de tres en tres”.

A Esedé terá a oportunidade de alcanzar eses desexados tres puntos antes do parón de Nadal na cita que os levará a Astorga. Será o vindeiro sábado 19 de decembro ás 17:00h. no Estadio Eregundina.

 

S.D. COMPOSTELA (1): Pato, Josu, Jimmy, Sergio Sánchez-(Fondevila. Min 41), Catú, Marcos, Jordan(1), Javi Moreno, Orbegozo, Joaquin-(Mon. Min 45), Gerard Oliva-(Dani Hernández. Min 78).

REAL RÁCING CLUB (2): Óscar, Francis, Docal, Caneda, Santamaría, B.Granero, Óscar-(Kamal. Min83), Dani Rodríguez, Dioni(1), Coulibaly(1)-(Isma Cerro. Min 70), Migue García-(Artiles. Min 65).

 

GOLES: 1-0 (Jordan, min 37), 1-1 (Coulibaly, min 54), 1-2 (Dioni, min 87)

 

ARBITRO: Fernando Román Román del Comité Leonés  amonestó con tarjeta amarilla a:

Javi Moreno (Min.27), Sergio Sánchez (Min 37), Marqueta, en el banquillo (Min 40), Marcos Rodríguez (Min 72), Dioni (Min 74), Catú (Min 82), Jimmy (Min 88). Tarjeta roja a Alain en el banquillo del Real Rácing Club (Min 85).

 

INCIDENCIAS: Partido correspondiente a la 17ª jornada de liga con 1030 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información do Centro Comercial As Cancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información de @ascancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#ComposRealAvilésIndustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, entidade patrocinadora do partidazo deste domingo contra o Real Avilés Industrial C.F., estivo presente esta mañá no adestramento dos nosos🙌 Unha visita especial, na que os animou para que acaden unha nova vitoria#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Manu Barreiro visitou o pasado venres aos nenos e nenas do CEIP de Arzúa🩵🤍 Un encontro, enmarcado nas actividades de promoción do deporte e dos valores do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, no que puido compartir a súa experiencia no mundo do fútbol🙌 Unha gran visita, na que tamén entregou invitacións para o partidazo decisivo ante o Real Avilés Industrial C.F.#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 UN DOMINGO PARA DALO TODO NO CAMPO E NA BANCADA🙌 Por cortesía do patrocinador, Galicia Calidade, cada abonado maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN (a partir de mañá) no Centro Comercial As Cancelasℹ️ A invitación pode recollerse, desde mañá martes e ata o sábado, das 10.30 ás 21.00 no Punto de Información🆚 Real Avilés Industrial C.F. 🗓️ 28.04.24⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete🫂 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Galicia Calidade 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/661f807a570bb914716190#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.