Un mes perfecto

5 de Febreiro de 2017
Diego Rey nunha das súas cabalgadas no partido de hoxe, patrocinado por Kia Compostela.
Diego Rey nunha das súas cabalgadas no partido de hoxe, patrocinado por Kia Compostela.

Santiago de Compostela, a 5 de febreiro de 2017.

A Sociedade Deportiva Compostela pechou esta tarde o mes perfecto. Catro semanas consecutivas sumando de tres. Un 4/4 que lle permiten achegarse aos postos de playoff e, que ao mesmo tempo, ilusiona a unha bancada que ve un equipo cada vez máis rodado.

Hoxe, ante o Castro, os afeccionados santiagueses puideron gozar dunha primeira parte de fútbol de salón, con xogadas incribles nas que maxia de Recoba saía a relucir, nas que vibraron cos goles de Cardeñosa e o propio Recoba; mentres que a segunda foi de maior sufrimento, logo do tanto visitante obra de Omar, pero pechouse cun gol de Santi Gegunde nas postrimerías do choque.

Do mesmo xeito que nos partidos das últimas semanas, o Compos saíu a San Lázaro con ganas de liquidar o partido canto antes. Saíu dominante e cun gran xogo, o cal lle permitiu chegar á portería de Manu Cedrón con certa facilidade. David Nogueira, Uña e Rubén desaproveitarían as primeiras pero, precisamente á saída do córner logrado tras a intervención de Manu ao tiro de Rubén, chegaría o primeiro.

Mon botaba o balón ao punto de penalti e alí, saltando por encima de todos os seus rivais, emerxía a cabeza de Cardeñosa quen, cun sensacional cabezazo á escuadra dereita da meta de Manu, anotaba o primeiro gol do Compos e o seu segundo na tempada.

E dous minutos máis puido chegar o segundo, pero o meta lucense sacaba unha gran man ante o tiro de Diego Rey. Con todo, esta parada serviu para alentar aos seus que se quitaron a presión de enriba e axexaron a portería de Lucas durante dez minutos. O porteiro santiagués estivo espectacular, primeiro despexando un remate de cabeza de Iván e despois quitándolle o balón dos pés ao propio dianteiro. Esta xogada recobraría máis importancia aínda, xa que na saída de balón, Diego Rey arrincou a moto, foise de cantos rivais se lle puxeron por diante e cedeu para Recoba quen, con calma e suavidade, orientábase e lanzaba o balón raso e á cepa do poste. Imparable para Manu e o marcador que se decantaba para os branquiazuis.

Desde o segundo ao final da primeira parte, o partido só tivo unha cor. Manu Cedrón salvou aos seus xa que as internadas dos santiagueses eran moi perigosas. Recoba inventaba e os seus compañeiros aproveitábanse da calidade do 10, pero aínda así non chegou o gol. Diego Rey atopábase con Manu e Nogueira anotaba no rexeite, pero en fóra de xogo; Rubén non era quen de atinar coa portería tras o taconazo do “Messi da Terceira”; e de novo Nogueira mandaba fóra de socato, unha gran xogada combinada.

Non se materializou e chegouse ao descanso co enganoso 2-0 que tan pouco gusta a Yago Iglesias, un resultado que se viu acurtado aos poucos minutos de comezar a segunda parte. No 48, nun córner que viña precedido dun lanzamento de falta de Xaime, o Castro marcaba o seu gol. Centro botado ao primeiro pau e Omar, entrando en carreira desde atrás, anotaba para os seus.

Este gol non o dixeriu nada ben o Compos e, a pesar de que ao pouco case marca o terceiro nun córner rematado por Uña, viu como case chegaba o empate, nun voleón de Iván González que sacou Cardeñosa baixo paus. Esta foi a máis clara dos visitantes, quen tamén tiveron sorte ao non acertar Make e Nogueira dúas contras claras. O primeiro mandouna arriba e o segundo atopouse coa manopla do meta. Mon tamén a tería, pero o seu sorprendente disparo iríase ao lateral da rede.

Cos cambios, o Compos pechou o mediocampo e o Castro tivo que romper o partido, buscando o perigo polas bandas. Pola esquerda, Omar atopábase coa parada de Lucas no 71; e pola dereita Buide vía como o seu disparo se ía arriba tras unha gran internada.

Con todo, deixando tantos espazos o Compos podía xerar contras facilmente e, aínda que á primeira non acertou, á segunda pechou o choque. Sería Santi Gegunde quen empuxaría coa cabeza o gran centro de Cabrejo. O xuvenil sentiuse moi só tras o cambio de orientación de Recoba e tivo todo o tempo do mundo para facer ese centro tan preciso que remacharía o cabaleiro lucense.

Foi a guinda dun pastel que xa acumula catro veliñas, unha por cada vitoria lograda. A afección do Compostela sorrí, xa que observa como o seu equipo cada vez mostra máis perigo e máis determinación no campo. A tan só catro puntos do cuarto e cinco do segundo e terceiro, tentarán seguir coa liña ascendente, a fin de semana próxima ante o As Pontes.

FICHA TÉCNICA

3- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, David Uña, Mon; Samu (Taboada, m.60), Make; Diego Rey (Santi Gegunde, m.84), Recoba, Rubén (Cabrejo, m.66); e David Nogueira.

1- CD Castro: Manu; Mariño, Dumi (Pedro,m.84), Rubi, Javichu; Héctor (), Xaime, Tuchi; Alvarito (Adrián, m.66), Iván González e Omar. 

Goles: 1-0: Cardeñosa, min.11; 2-0: Recoba, min.26; 2-1: Omar, min.48; 3-1: Santi Gegunde, min.88.

Árbitro: Rodríguez Campos, colexió coruñés. Amoestou a Make, David Uña, Taboada e Cardeñosa, polos locais; e a Javichu e Omar, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo cuarta xornada de Liga da Terceira División disputado no Estadio Municipal de San Lázaro ante 780 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.