Tres Xuvenís da S.D. Compostela convocados pola Selección Galega

FGFTres xogadores da categoría de Xuvenís da S.D. Compostela foron convocados para esta tarde pola Selección Galega sub 18 de Fútbol. Arturo Vázquez Ruso, Pablo Souto Villanustre e Martín García Becerra iniciarán hoxe os adestramentos na Cidade Deportiva da Torre, A Coruña.

Os tres xogadores compostelanistas incorporaranse ao primeiro adestramento da selección galega para preparar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas. Dirixidos por José Martínez Paz ‘Secho’, Arturo, Pablo e Martín atópanse ante a posibilidade de formar parte do combinado definitivo que disputará o Campionato Autonómico.

A competición terá lugar en Galicia entre os días 27 e 29 de decembro aínda que todavía se descoñece a sede.

¡Dende o club desexamos a mellor das sortes aos nosos Xuvenís!

Compartir en Redes Sociales

Relacionado