Tres equipos no alto da clasificación

23 de Setembro de 2019

Resultados-22-Setembro

  • O Filial, Xuvenil B e Infantil B marchan na zona nobre das súas ligas

Santiago de Compostela, a 23 de Setembro de 2019.

O bo inicio de liga para as categorías inferiores da SD Compostela está a traducirse en boas clasificacións para os equipos destacando, entre todos eles, tres: SD Compostela-Zona Vella, Xuvenil B e Infantil B. Estes conseguiron o triunfo esta fin de semana e mantéñense invictos, do mesmo xeito que un Infantil A que sumou dúas vitorias noutros tantos encontros, xa que disputará este xoves unha xornada atrasada.

En primeiro lugar, o SD Compostela-Zona Vella sumou o seu segundo triunfo da tempada, o segundo como local, tras superar ao Cire Melide por 2-1. Marcos Lorenzo e Alberto Fernández, á media hora do duelo, puxeron a balanza moi de fronte para os nosos, que a pesar de ver como os visitantes recortaban a diferenza cun gol de falta directa, esta vez non deixarían escapar os tres puntos. Agora, con sete unidades, marchan na segunda posición, a dúas do líder.

O Xuvenil A, que xogou como visitante por segunda xornada consecutiva, estivo preto pero non conseguiu pasar do empate contra o Boiro (0-0). Pola súa banda, o Xuvenil B cultivou unha gran vitoria contra o líder, o Ulla Pontecesures, por 4-1. Juan Amigo e Pablo Barreiro puxeron a vantaxe no luminoso ao intermedio, Hugo Martínez ampliouna á hora de xogo e de novo Amigo pechou o marcador no desconto para un cadro branquiazul que xa se sitúa como terceiro.

Peor sorte correu o Cadete A, o único que perdeu nesta fin de semana, recibindo a súa primeira derrota na liga Galega. Os nosos caeron por 3-1 na súa visita ao EFM Boiro, nun choque no que só puideron maquillar o resultado no desconto, grazas a unha diana de Andel Laranga. Mentres tanto, o Cadete B ultimou a súa posta a punto para a liga cun empate ante o Noia (2-2) no seu último amigable. Marcaron David Porto e Brais López.

En infantís, destacou o novo dobrete duns conxuntos que camiñan con paso firme na liga. Por unha banda, o Infantil A, tras aprazarse o encontro da xornada pasada para este xoves, recuperou sensacións cunha goleada (10-0) contra o Dodro. Anxo Fuentes anotou un hat trick, Álvaro Espasandín un dobrete e Lois Espiño, Mauro González, Pablo Devesa, Lois Lortes e Jamie Black un por cabeza.

O Infantil B, á súa vez, tamén volveu golear e colocouse no liderado pola diferenza de goles. Nesta ocasión derrotaron ao San Pedro por 7-1, con dobretes de Yago Vilariño e Alejandro Prado, ademais dos goles de Martín Ouro, Sergio Varela e Giovanny Gallo.

Por último, o Alevín A sumou o seu primeiro triunfo, na segunda xornada, precisamente contra o San Pedro, ao que superou por 3-2.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.