Tres equipos coa mente no ascenso

5 de Novembro de 2018

Resultados-4-Noviembre

  • O filial, Xuvenil A e Cadete A sumaron un novo triplete e seguen á espreita dos líderes

Santiago de Compostela, a 5 de Novembro de 2018.

Tres equipos da base da SD Compostela seguen mostrando, semana a semana, que teñen a mente posta no ascenso de categoría. O filial, Xuvenil A e Cadete A sumaron esta xornada un novo triplete que lles axuda a seguir a un paso dos líderes. Ademais, aos seus triunfos sumáronse os do Cadete B, Infantil A, Infantil B e o dobrete dos alevíns.

En primeiro lugar, o Zona Vella ampliou a súa serie de resultados cun novo triunfo que lle permite escalar ao cuarto posto, a dous puntos do líder, o CF Silleda. O filial mostrouse moi superior ao Vilatuxe FC en todo momento e certificou os tres puntos cun gran segundo tempo. Pedro Leis, no seu regreso ao filial, marcou o primeiro, tanto neutralizado polos visitantes nunha das súas escasas ocasións. Con todo, Óscar Juanes, no 63, e Jorge Espada, no 81, certificaron a segunda vitoria consecutiva dos nosos.

Do mesmo xeito que o filial, o Xuvenil A tamén sumou o seu segundo triunfo seguido tras superar por 0-1 ao Victoria CF. Os branquiazuis viaxaron a Coruña coa intención de traerse os tres puntos para Santiago e lográrono grazas ao tanto de Manel Macías á hora de xogo. Con este novo triunfo, os nosos seguen segundos a tres puntos do líder, o EF Lalín.

Por contra, quen non puido manter a súa dinámica foi o Xuvenil B, despois de caer por 1-3 contra o Bertamiráns, un dos galos da liga. Marcos Andrade foi o autor do gol local, que segue oitavo na táboa. Do mesmo xeito, o Xuvenil C caeu na matinal do xoves ante o Amio SD por 4-2, a pesar das dianas de Alejandro Márquez e Hugo Martínez.

En cadetes, volveron sumar un meritorio dobrete de vitorias. O Cadete A, que marcha terceiro a dous puntos do CD Conxo, o seu próximo rival, superou por 2-3 á AD Nicrariense no complicado campo do Cepelo. Os nosos necesitaron adiantarse por tres veces, a última no desconto, para acabar levándose os tres puntos. Martín Díaz, Iker Carril e Andel Laranga foron os artífices do novo triunfo branquiazul. Pola súa banda, o Cadete B saboreou de novo os meles do triunfo, tras superar ao CD Conxo, ao que supera na clasificación, por 3-4. Os tantos de Adrián Álvarez e Uxío Figueroa, no primeiro acto, foron neutralizados polos locais, polo que a vitoria chegou co dobrete de Zubo Yang na segunda metade.

En categoría infantil, o A sumou catro puntos esta fin de semana ao xogar dous encontros, un aprazado da xornada 5. Primeiro, o xoves, empatou a un gol contra o Escola Estrada, mercé ao tanto de Mateo Barros; e despois, o sábado, sumou un importante triunfo ante o Amio por 1-2 para achegarse aos seus predecesores. Tomás Munge e Alejandro Suárez foron, nesta ocasión, os goleadores. En canto ao Infantil B, logrou a súa quinta vitoria da tempada para situarse na segunda posición da clasificación. Este domingo superaron por 2-4 ao Milladoiro SD con dobretes de Mateo Barros e Tomás Munge.

No que respecta aos equipos de fútbol 8, en alevíns, o A tamén tivo un dobre compromiso ante as ED de Vedra e Atlético Fátima, resolvendo os envites cunha derrota por 1-2 contra os primeiros e unha vitoria por 5-7 contra os segundos. Mentres, o Alevín B gañou por 3-2 ao CD Conxo para manter a terceira praza.

Por último, os benxamíns sufriron unha dobre derrota contra a ED Xuventude Oroso e CD Conxo, mentres que o Prebenxamín B caeu ante o Atlético Fátima. Pola súa banda, o A descansou esta xornada e os biberóns non tiveron partidos esta fin de semana.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.