Tres de tres e o Compos xa está nas semifinais da Copa Deputación

11 de Agosto de 2016

20160810_190212

Santiago de Compostela, a 11 de Agosto de 2016.

Suma e sigue para o Compos na Copa Deputación. O conxunto de Yago Iglesias segue pasando roldas e xa está clasificado para as semifinais, onde se verá as caras co Boiro.

Onte, nos cuartos, a súa vítima foi o Somozas, conxunto de superior categoría, pero que se viu dominado por unha SD, que ademais realizaba o seu debut no seu campo, en San Lázaro.

Para este primeiro partido, o técnico santiagués repetiu un once similar ao que xa se vira no campo de Cabanetán, en Lesende, con tan só tres variantes: David Rey por Cardeñosa, Diego Rey por Julián e Tomás por Mon.

Estes tres xogadores, acompañados dos outros oito, saíron ao campo sen complexos, sen nada que perder. Demostrando a día de xogo que quere o técnico. Querendo o balón e facendo xogadas trenzadas.

Con este estilo, o Compos tivo a súa primeira ocasión nas botas de Tomás, o cal rematou mordido un balón que lle quedara franco dentro da área.

Máis tarde, no 40, Mitogo contou coa máis clara. Nunha boa xogada ao primeiro toque, o balón chegoulle ao extremo berciano no pico da área pequena, pero o seu disparo coa perna dereita foise desviado.

Entre mentres, o Somozas case aproveita o seu único achegamento, que chegou cun erro da defensa, que lle regalou o balón a Arkaitz, pero Lucas reaccionou rápido e puido evitar o gol.

Acabou así unha primeira parte con máis xogo que ocasións, unha tónica que rapidamente cambiou o Compos.

No minuto dous do segundo tempo, un centro de Diego Rey era despexado pola defensa de cabeza, pero o balón quedou botando no borde da área e Samu, que xa viña de marcar contra o Paiosaco, aproveitouno para mandar cun potente disparo o balón ao fondo das mallas de Mandaluniz.

Co gol, o Compos reduciu o ritmo de xogo, mantivo o control e so o intentaba con rápidos contraataques, mais todos acabaron do mesmo modo, falta do Somozas, e tarxeta amarela.

Tal foi o control, que a única xogada na que se empregou Lucas foi no 80, nun centro lateral que lle caía nos pes a Iñigo, que so tería que empurrala, pero que o meta local despexou abaixo con contundencia.

O Somozas xa estaba superado, agora a pensar no Boiro e a gozar dos dous partidos amigables desta semana, contra a UD Ourense e o Triangular Vila da Estrada.

Ficha técnica:

1- SD Compostela: Lucas; Saro, David Rey, Santi Taboada, Cabrejo; Samu (Ander, min 93); Diego Rey (Martín, min 53), Tomás (Julián, min 68), Make, Mitogo (David Noqueira, min 88); e Santi Gegunde (Mon, min 82).

0- Somozas: Manda; Sergio, Fran No (Pablo, min 65), Antonio, Isi (Toni, min 67); Adrián (Iván Pérez, min 67), Baleato, Fran Núñez (Íñigo, min 55), Javi Ram (Artabe, min 57), Amaro; e Arkaitz.

Goles: 1-0, min 47: Samu.

Árbitro: Vidal Fonseca. Amoestou con tarxeta amarela ao local Santi Taboada e aos visitantes Fran No, Pablo, Antonio, Adrián e Baleato.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.