Terceira edición da Cea de Entroido da SD Compostela

III Cea Carnaval SD Compostela

  • Celebrarase o venres 1 de marzo ás 21.30 horas no Oca Porta do Camiño

Santiago de Compostela, a 6 de Febreiro de 2019.

O vindeiro venres 1 de marzo ás 21.30 horas a SD Compostela celebrará no Hotel Oca Porta do Camiño a terceira edición da súa Cea de Entroido, un evento no que se busca achegar o club aos seguidores e no que haberá música, agasallos e moitas sorpresas.

Para apuntarse, os interesados poden facelo nas oficinas do club (luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas) ou a través do seu teléfono 981 57 70 41 ata o vindeiro venres 22 de febreiro, data límite. O prezo é de 20€ para abonados, 25€ para público xeral e 12€ o menú infantil.

O menú para adultos estará composto por sopa de cocido de primeiro, cocido de prato principal e orellas e filloas de sobremesa. Ademais, haberá todo tipo de bebidas, café e licor. Pola súa banda, o menú infantil terá pizza, croquetas e ensalada rusa de entrantes, fingers con patacas de segundo e a mesma sobremesa que os adultos. Neste caso, poderán beber tanto auga como refrescos.

A maiores, haberá agasallos tanto para o mellor disfrace de adulto como para o mellor disfrace infantil. E ao remate da cea, A Gramola Discotecas Móbiles animará a velada cunha actuación para todos e todas as presentes.

Por último, o club anima a apuntarse á terceira Cea de Entroido e quere agradecer a axuda das entidades colaboradoras do evento: Hotel Oca Porta do Camiño, A Gramola Discotecas Móbiles, Mahou, Kia, Hale Shop, Errea, Lambonadas e Gráficas Alonso.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado