Tempo de Copas e finais de Liga

  • Partido importante para o Nacional contra o CD Lérez

Santiago de Compostela, a 10 de Maio de 2018.

A maioría dos equipos terminaron as súas respectivas ligas nestas últimas semanas, polo que chega o momento agora das Copas, uns torneos que comezarán este fin de semana. Ademais, outros conxuntos como o Nacional ou o benxamín xogan os seus últimos encontros de liga.

Precisamente, o Xuvenil Nacional ten un partido decisivo contra o CD Lérez, o domingo ás 12.00 horas no campo da Xunqueira. Conseguir os puntos é moi importante xa que os adiantarían na clasificación.

En canto ao Cadete, inicia o domingo ás 12.00 horas en Cancelas a Copa do Sar. Para esta rolda o rival será o EF Lalín, un duro adversario.

Tamén xogará a Copa do Sar o infantil. No seu caso, o partido da primeira rolda será contra o Atlético Riveira e disputarase o sábado ás 12.00 horas no campo da Barrosa, en Villestro.

Por último, aínda en liga, o benxamín xogará contra a SD Dubra, conxunto que leva os mesmos puntos, o sábado ás 12.00 horas en Santa Isabel, mentres que o biberón medirase ao Atlético Fátima o domingo ás 12.00 horas no campo de Belvís.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado