Tarde habitual para despedir o ano: vitoria no fortín, liderado e portería a cero

22 de Decembro de 2019
Gol Soto vs CD Choco 1
Momento do gol de Soto, nun partido patrocinado por NB21. Foto: Amadeo Rey.
  • Os branquiazuis superaron a un gran Choco, con goles de Primo e Soto

Santiago de Compostela, a 22 de Decembro de 2019.

A SD Compostela viviu unha tarde para despedir o 2019 que cumpriu cos camiños habituais. Os branquiazuis, unha vez máis, lograron o triunfo no Vero Boquete, o noveno noutros tantos encontros, para manter o liderado ao termo do ano e, como non, coa portería a cero, sumando xa 777 minutos sen encaixar.

Sen concesións atrás, e cun acerto máis alto de cara ao arco rival, o Compos levou os tres puntos, e xa van 41 na liga. Primo, á media hora, e Soto, no 87, con dúas accións nas que tiveron que empuxar o esférico á rede, selaron a vitoria.

Sen rastro de Fabien nin de Elsa, o Vero Boquete de San Lázaro presentouse nunha tarde apracible nun estado inmellorable, e non era unha miraxe, senón que aguantou nese estado ao longo do choque. As grandes condicións do seu céspede foron aproveitadas para lucir o seu xogo de toque, pero tamén por un Choco, que da man de Gonza Fernández, tamén gusta do fútbol combinativo.

Con este panorama, os branquiazuis saíron en tromba, ameazando desde o inicio a un conxunto redondelano que se defendía como podía. Catro córneres consecutivos, un contragolpe culminado por Pablo Antas contra o porteiro e un disparo de Brais Abelenda que se marchou rozando o poste, foron os primeiros avisos locais nos instantes iniciais.

Ante tal acoso, os visitantes tentaron desperezarse, sacando o balón xogado desde atrás, pero pola contra atopáronse co primeiro gol do Compos. Nunha xogada de contragolpe, primeiro puxo o centro Gabri Palmás, ao que non chegou por pouco Brais, pero na continuación da xogada, Hugo Sanmartín controlouna no lateral da área, foise do seu par e puxo un golpeo tenso coa esquerda ao corazón da área, que se encargou de materializar Primo co peito. O dianteiro cántabro, moi atento, apareceu no sitio xusto para só ter que empuxala e levar o delirio á bancada.

Con vantaxe no luminoso, os locais souberon pechar o primeiro acto sen conceder nada ao seu rival, encarando así en vantaxe o segundo período. Nel, seguindo a tónica de todo o curso no fortín, os nosos non concederon nin o máis mínimo ao seu rival e foron chegando cada vez con máis perigo á área de Cortegoso.

Desde a entrada de Miki, o Compos abriu máis o campo e atopou os espazos que se lles estaban resistindo ata ese momento. O extremo de Nigrán, nada máis entrar, deixou unha primeira cabalgada que, en segunda instancia, non foron capaces de rematar ben nin Primo nin Jimmy. Dous máis tarde, no 62, Hugo Sanmartín sería o que atoparía o oco pola esquerda, pero o seu disparo con perigo atopou a perna de Yago. E no 68, de novo o “lóstrego de Nigrán” plantouse ás costas da zaga, pero fallou no pase da morte.

Tras este arreón pasada a hora de xogo, chegou un segundo nos últimos dez minutos, nos que tras os paradóns de Cortegoso a Pablo Antas e Jimmy, nunha acción que salvou dúas veces na liña, e un toque arriba de Brais Abelenda, despois do pase da morte de Miki, por fin acabaría chegando o tanto tan agardado.

A defensa branquiazul, que non só é capaz de manter xornada tras xornada a portería a cero, senón que tamén se anima pola zona de ataque, volveu mollar no fortín. Nesta ocasión, David Soto, nunha das súas accións características, roubou no centro do campo e foise para arriba, coma se non importasen os 87 minutos que levaban nas pernas, a xogada pasou polos pés de Rodri Alonso, de Primo e de Miki, que na enésima que tivo ás costas da defensa, serviu o pase da morte para que Soto, en pleno punto de penalti, só tivese que empuxala á rede.

Co segundo, asinouse a sentenza e coa primeira parada de Pato do encontro pechouse cunha nova vitoria, a novena, no fortín. Ademais, unha xornada máis, portería a cero e xa van 777 minutos sen encaixar, unha auténtica barbaridade. Eses tres puntos permiten chegar ás vacacións de nadal co liderado, obxectivo antes do choque, e cun de vantaxe sobre o Ourense CF, próximo rival a fin de semana de Reis.

FICHA TÉCNICA:

2- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Jimmy, Baleato, Pablo Antas; Gabri Palmás (Miki, m.60), Brais Abelenda (Rodri Alonso, m.86), Hugo Sanmartín (Samu, m.75); e Primo.

0- CD Choco: Cortegoso; Mario (Martín, m.74), Yago, Vitra, Aitor; Caloi, Sergio; Yerai, Tomás (Comis, m.70), Félix; e Adrián (Edu Otero, m.70).

Goles: 1-0: Primo, min.30; 2-0: Soto, min.87.

Árbitro: Ferreiro Méndez (Lugo). Amoestou a Soto, polo Compos; e a Caloi, Aitor e Sergio, polos visitantes.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Partido da décimo sétima xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 800 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.