-
Froito do acordo, os abonados gozarán de prezos especiais nas súas instalacións
-
Organizarase un Torneo SD Compostela, de Pitch & Putt no campo do club de Sigüeiro
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2022
A Sociedade Deportiva Compostela e Tambre Golf asinaron un acordo de colaboración, para o que resta desta tempada e outra campaña máis, mediante o cal os abonados do club poderán gozar de prezos especiais nas instalacións do club situado en Sigüeiro. Entre estas vantaxes, o acceso á cancha de prácticas será gratuíto.
Así mesmo, froito desta nova vinculación, organizarase o primeiro Torneo SD Compostela no que é o único campo de Pitch & Putt da contorna de Santiago de Compostela.
Apaixonados do golf, o club Tambre busca converterse nunha referencia dentro dos campos de Pitch & Putt galegos. Para iso, brinda a todos unhas boas instalacións e un equipo humano envorcado en brindar a mellor experiencia posible ao xogador.
A citada modalidade é un deporte derivado do golf, que se xoga en campos de buratos par 3, no que a distancia máxima de cada un deles é de 120 metros. Ambas as prácticas son complementarias, sendo o Pitch & Putt unha disciplina máis rápida e menos custosa.
Cos seus preto de 30.000 metros cadrados de superficie nos que se atopan os seus 18 buratos, e os case 9.000 m2 nos que se sitúa casa club e a cancha de prácticas, o usuario e os seus acompañantes poden gozar dunha agradable xornada na que relaxarse en calquera momento do ano.
Dende o club, convidamos a todos os abonados a que se animen a probar as instalacións de Tambre Golf e introducirse nesta nova disciplina.
Compartir en Redes Sociales
CompartirRelacionado
© Copyright 2018 | SD Compostela
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies | Términos y condiciones de compra