Suspendido o amigable desta tarde contra o Pontevedra

  • Ambos clubs tomaron a decisión por precaución, logo de que un xogador do Compos tivese contacto cun familiar que onte deu positivo en coronavirus

Santiago de Compostela, a 23 de Setembro de 2020.

O amigable que esta tarde ían disputar a SD Compostela e o Pontevedra CF no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro quedou suspendido. Por acordo entre os clubs e atendendo ás recomendacións dos servizos médicos de ambas entidades, por precaución, tomouse a decisión de suspender o partido.

O aprazamento vén derivado de que un xogador da SD Compostela tivo contacto cun familiar que onte, martes 22 de setembro, resultou positivo por coronavirus. O futbolista permanece illado no seu domicilio dende que o seu familiar presentou os primeiros síntomas, o xoves da semana pasada.

Por iso, hai tranquilidade dentro do club, xa que se están seguindo todos os protocolos establecidos. De feito, o partido poderíase disputar, pero, por precaución e cautela, preferiuse optar pola opción de suspendelo.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado