Suspendida toda a actividade deportiva da SD Compostela

  • Ata nova orde, non adestrarán nin o primeiro equipo nin as categorías inferiores

Santiago de Compostela, ao 13 de marzo de 2020.

Debido á situación xerada no país polo COVID-19, e ante os comunicados enviados pola Real Federación Española de Fútbol e a Federación Galega de Fútbol, a SD Compostela suspende toda a actividade deportiva do club ata novo aviso.

Tanto o primeiro equipo como as categorías inferiores non adestrarán ata que as autoridades sanitarias así o recomenden, evitando calquera tipo de risco para a saúde de xogadores, corpo técnico e traballadores do club.

Lembremos que a competición tanto do primeiro equipo, en Terceira División, como a de todos os equipos da base quedou suspendida, polo menos, durante o próximos quince días por orde da RFEF e a Futgal.

As Oficinas do Club e a Tenda Oficial do Club tamén permanecerán pechadas ata novo aviso.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado