O equipo de Sonia Pena Peluquería estréase esta tempada patrocinando ao mediocentro que nos deu o ascenso á Segunda División B, Pablo Antas. Agora, anhelan un novo ascenso á categoría de prata. Realistas, pero soñadores, neste salón de peiteado queren volver aos domingos máxicos no Estadio.
Cal é a súa actividade?
Sonia Pena Peluquería é un salón de peiteado e estética, que cumpre n este próximo mes de maio dous anos dende a súa apertura.
Que lles levou a patrocinar ao equipo?
A SD Compostela é o equipo da nosa cidade e estar involucrados permite mirar atrás e revivir momentos inesquecibles. Penso que todos soñamos con un Compos outra vez no máis alto e iso so se pode conseguir co apoio de todos.
Que lle aporta á súa empresa patrocinar a un equipo de fútbol como o Compostela?
Principalmente, a satisfacción de poder axudar ao noso equipo a seguir crecendo. Como empresa, temos que dicir que dende que somos patrocinadores oficiais do Compos hai bastantes clientes novos que chegaron ao noso salón grazas á visibilidade que nos da o club.
Cal é a súa relación co deporte en xeral e a SD Compostela en particular?
O meu vínculo persoal co deporte pode dicirse que ven totalmente relacionado co Compos. Tiven a sorte de vivir a época dourada na Primeira División e, aínda que era unha moza, teño moitos recordos de familiares e amigos desfrutando deses domingos máxicos que tanto botamos en falta e que ogallá volvamos a vivir.
Un desexo para esta tempada
O desexo principal, sendo realistas, sería manter a categoría, pero se nos poñemos a soñar, subir á Segunda División sería incrible.
Compartir en Redes Sociales
CompartirRelacionado
© Copyright 2018 | SD Compostela
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies | Términos y condiciones de compra