Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022
O equipo regresou esta tarde ao traballo, logo de superar as pertinentes probas de detección de covid-19 realizadas a xogadores, corpo técnico e persoal do club relacionado co primeiro equipo. Todos os resultados foron negativos.
Á sesión xa se reincorporaron dous dos casos activos da semana pasada, logo de superar o período de cuarentena e de dar negativo nos test.
Agora mesmo permanecen illados tres xogadores da SD Compostela, logo de que durante a fin de semana se notificasen dous novos positivos de futbolistas. Ambos casos proceden de contactos con persoas positivas alleas ao ámbito do club, permanecen illados nos seus domicilios e atópanse sen síntomas. Ademais, non tiveron contacto cos seus compañeiros.
A medida que cumpran os seus respectivos períodos de encerro e dean negativo, iranse reincorporando ao grupo.
Compartir en Redes Sociales
CompartirRelacionado
© Copyright 2018 | SD Compostela
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies | Términos y condiciones de compra