Sete triunfos na primeira xornada do ano

15 de Xaneiro de 2019

Resultados-14-Xaneiro

  • O Cadete A segue como acabou o curso e o filial recuperou sensacións na súa estrea

Santiago de Compostela, a 15 de Xaneiro de 2019.

As categorías inferiores da SD Compostela, do mesmo xeito que o primeiro equipo, volveron esta fin de semana á acción tralo parón do Nadal. Os pequenos branquiazuis estrearon o novo ano con sete triunfos en doce partidos, destacando os do Zona Vella, Xuvenil B e o dobrete dos cadetes.

En primeiro lugar, o filial regresou á boa senda tras un mal final de 2018. Na estrea, o Zona Vella superou por 1-3 ao Laro CF, nun partido no que remontou o tanto inicial e acabouse levando o triunfo. Diego Crego, Jesús Yañez e Manuel Pardo anotaron no segundo acto para remontar o tanto inicial local. Tralo triunfo o equipo marcha sétimo con 29 puntos, antes dunha semana na que xogará un dobre choque de local contra rivais directos. Mañá ante o Cire Melide, sexto, e o domingo contra o San Mamed, oitavo.

Non tivo esa mesma sorte o Xuvenil A, quen encandeou dúas derrotas seguidas por primeira vez na tempada. Tras perder contra o Lalín na última xornada da primeira volta, os branquiazuis repetiron resultado contra o Conxo, caendo por 0-3 nas Cancelas. Con este resultado, os nosos baixan ao terceiro posto da táboa, malia que poderán volver á zona de ascenso se superan esta fin de semana á SD O Val, segundo clasificado.

Por contra, o Xuvenil B si conseguiu un magnífico resultado na súa visita ao CSD Arzúa. Os nosos sorprenderon a un dos mellores equipos da liga superándoos por 1-2, grazas a unha gran remontada na última media hora. Juan Amigo empatou o duelo no minuto 65 e o cadete Iker Carril selou o tanto da vitoria no 80. Con este resultado, marchan undécimos aínda que están a tan só catro puntos do quinto.

Mantendo a dinámica do final do 2018, os dous equipos cadetes selaron un novo dobrete de triunfos que lles permite manter as súas boas posicións na liga. O Cadete A, líder intratable ata a data, superou pola mínima, 1-0, ao Bertamiráns para manter os tres puntos de vantaxe sobre o segundo. Iker Carril anotou o tanto dos branquiazuis para a décimo sétima vitoria. Mentres, o Cadete B goleou por 0-6 ao Amio para seguir enganchado á pelexa polo ascenso. Os nosos, tras este triunfo con goles de Alejandro Parga (2), Gorka Madariaga, Xaime Paz, Iago Fernández e Lois Lortes sitúanse quintos, a tres puntos do terceiro.

En infantís, o A deu a cara, unha vez máis, contra o Victoria FC, cuarto na táboa, caendo por 1-2 nos últimos minutos. Iván Vilaseco empatou o duelo no 67, pero os visitantes marcaron a cinco de terminar. Pola súa banda, o Infantil B conseguiu outra nova vitoria, por 3-7 ante o Vista Alegre, para manter o quinto posto na liga. Ruibo Yang, Jorge Vázquez (2), Giovanny Galo, Tomas Munge, David Estévez e Valentino Becerra anotaron para os branquiazuis.

En fútbol 8, o Alevín A acabou a liga con derrota ante o Villestro, mentres que o B perdeu tamén contra o Racing San Lorenzo, nun duelo entre segundo e terceiro. Por contra, os benxamíns lograron un dobrete de vitorias. O Benxamín A superou ao La Salle no primeiro encontro do playoff de descenso, mentres que o B gañou ao Atlético Fátima.

Por último, os prebenxamíns acabaron as súas ligas de inverno esta fin de semana con derrota do A fronte ao Villestro, mentres que o B descansou nesta última xornada.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.