Sergio Pereira: “Creo que gañamos madurez e físico coas fichaxes”

29 de Agosto de 2019
Javier García, Sergio Pereira e Mateo García, co cartel do partido, na sede de Sisrecon.
Javier García, Sergio Pereira e Mateo García, co cartel do partido, na sede de Sisrecon.
  • O lateral, que está preto de volver ao grupo, valora a calidade do plantel na sede de Sisrecon, empresa que renova a súa vinculación co club

Santiago de Compostela, a 29 de Agosto de 2019.

Sergio Pereira Blanco atópase a un paso de volver gozar como futbolista da SD Compostela. Na semana na que o equipo se enfrontará ao seu ex-equipo, a UD Somozas, o lateral destro falou sobre a recuperación da súa lesión, peor tamén valorou a calidade do novo plantel que se formou.

“Levo case tres meses desde que me lesionei e creo que en dez días xa poderei traballar co equipo. Ao principio parecía unha simple rotura, pero despois de facer as probas médicas, saíu algo máis grave”, explicou un Sergio que lembra perfectamente a acción. “Estaba de lateral esquerdo, encaroume Josiño, e na carreira notei dúas picadas e xa tiven que parar”, relatou.

Ese infortunio coincidiulle coa última semana do curso, nun dos ensaios previos ao partido de volta contra o Alavés B, polo que estivo todo o verán recuperándose. “A drenaxe afectoume á recuperación, polo que tiven que parar por completo durante un mes. Agora, con todo, xa estou a traballar co doutor e o fisioterapeuta en campo, para recuperar os niveis de forza e poñerme ao 100%”, asegurou.

A pesar da desvantaxe de empezar tarde, Sergio, que cumprirá a súa terceira campaña no club, sabe o que pide Yago Iglesias. “Como levo dous anos, xa sei o que pide o adestrador e xa estou a traballar para que conte comigo canto antes”, sinalou.

En base a esa experiencia, o futbolista sabe moi ben do que fala cando asegura que “temos un equipazo”, malia que advirte que tamén hai outros bos equipos. “Fabril, Ourense CF, Bergantiños e Barco, creo que estarán aí”, detallou.

Respecto ao curso pasado, coa chegada das novas fichaxes, o defensa considera que melloraron en certos aspectos importantes. “Creo que gañamos algo máis de madurez, con Baleato e Antas, algo máis de físico, e fóra da casa váisenos a notar, porque era a nosa gran carencia”, destacou.

A pesar diso, adianta que a Terceira galega é unha liga moi difícil, con campos moi complicados. “Podes ter mellores xogadores, controlar mellor o xogo, pero hai xogadas moi puntuais que se che escapan e poden caer de calquera lado. Penso que este ano, nese aspecto, daremos un paso adiante coas fichaxes”, comentou.

De momento, e a tenor do visto no Morrazo, as sensacións son boas. “Sempre é un campo difícil e creo que é o que máis me gusta xogar de Terceira. Eles téñeno moi controlado e apertan bastante, pero polo que vin, o equipo estivo moi ben, en especial, defensivamente, e arriba sempre imos marcar goles porque temos moita pegada”, analizou.

Despois deste gran resultado, o equipo afronta a segunda cita con ilusión, ante un equipo especial para Sergio, malia que a fortuna está a impedirlle competir contra eles. “O ano pasado, tamén esa semana tiven un escordadura de nocello e perdinme o encontro, pero como en Somozas cambian tódolos anos de xogadores, xa non queda ninguén da miña etapa”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🤝 Manu Barreiro visitou o pasado venres aos nenos e nenas do CEIP de Arzúa🩵🤍 Un encontro, enmarcado nas actividades de promoción do deporte e dos valores do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, no que puido compartir a súa experiencia no mundo do fútbol🙌 Unha gran visita, na que tamén entregou invitacións para o partidazo decisivo ante o Real Avilés Industrial C.F.#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 UN DOMINGO PARA DALO TODO NO CAMPO E NA BANCADA🙌 Por cortesía do patrocinador, Galicia Calidade, cada abonado maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN (a partir de mañá) no Centro Comercial As Cancelasℹ️ A invitación pode recollerse, desde mañá martes e ata o sábado, das 10.30 ás 21.00 no Punto de Información🆚 Real Avilés Industrial C.F. 🗓️ 28.04.24⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete🫂 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Galicia Calidade 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/661f807a570bb914716190#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Os nosos descansan hoxe para centrarse, dende mañá, no partido decisivo deste domingo contra o Real Avilés Industrial C.F.!💪 Un único obxectivo 👉GAÑAR #composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 Vitoria necesaria e merecida para os nosos en Oviedo, 0️⃣-1️⃣👐 O tanto de @davidgrande9 permítelle ao Compos seguir loitando polo playoff📸 @realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAALReal Oviedo Vetusta0⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤⚽️ David Grande 💪 SÓ VALÍA GAÑAR E GAÑOUSE! PARTIDO MOI SERIO DOS NOSOS QUE SUMAN OS TRES PUNTOS CON TODO MERECEMENTO! 🙌 VOLVEMOS GAÑAR COMO VISITANTES!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.