Sergio González “Catú” deixa o Compos

IMG_0793

  • Despois de cinco tempadas e 141 partidos, o defensa santiagués abandoa a entidade compostelá.

Santiago de Compostela, a 23 de Xuño de 2016

O novo proxecto da SD Compostela non poderá contar para este curso cun dos seus puntais nas últimas tempadas, o defensa santiagués Sergio González Quintais “Catú”.

Se onte foron Jimmy e Manu Rodríguez, hoxe foi “Catú” quen decidiu rexeitar a proposta que o club lle puxo encima da mesa para o novo proxecto.

O club quere agradecer o gran comportamento e a traxectoria que ao longo destes anos “Catú” tivo defendido o escudo da SD Compostela.

O xogador, que actuaba de central ou lateral dereito, xogou co cadro santiagués cinco tempadas. Debutou coa SD no 2009, en Segunda División B, cando tiña 19 anos. Despois, pasou un periplo de dous anos polo Zamora, Oviedo B e Celta B, volvendo ao equipo santiagués en 2012.

Xa en casa, no seu primeiro ano ascendeu co equipo a Segunda B, onde se mantiveron nas tres seguintes tempadas. En total, disputou 141 partidos coa elástica branquiazul, anotando sete goles.

Aos seus 25 anos abandona a disciplina un dos estandartes desta entidade nas últimas tempadas. Un referente tanto dentro como fóra do campo, ao que o club lle desexa toda a sorte do mundo nos novos proxectos deportivos que vaia acometer.

Mentres tanto, xunta directiva e adestrador seguen rastrexando o mercado, en busca dos xogadores desexados que conformen un equipo competitivo que cumpra as garantías que esixe o adestrador de cara ao novo curso.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado