Segundo punto e segunda portería a cero

1 de Novembro de 2020
Loita Coruxo FC vs SD Compostela 1
Baleato e Saro pelexan por un balón na primeira metade do partido.
  • O Compos empatou 0-0 na visita ao Coruxo, nun encontro no que dominou ao seu rival durante longos momentos do duelo

Vigo, a 1 de Novembro de 2020.

A SD Compostela sumou o seu primeiro punto lonxe do Vero Boquete e xa van dous na tempada. Os branquiazuis, de novo coa portería a cero, conseguiron igualar ante o Coruxo, no sempre complicado Campo do Vao, nun encontro no que dominaron ao seu rival durante longos momentos do duelo.

Despois de estrear o marcador da tempada no fortín, a SD Compostela vivía un novo derbi na competición, a visita ao Coruxo. No Vao medíanse o mellor conxunto galego da Segunda B e o da Terceira División da tempada pasada, dous equipos que apostan polo bo fútbol e que xa se enfrontaran na pretempada, con vitoria branquiazul.

Con ese empuxón moral do punto colleitado no Vero Boquete, o Compos saltou mellor ao Vao, consciente de que co dominio da pelota tería opcións de levar o triunfo. Grazas á súa presión adiantada, dominaba a contenda e xeraba perigo cada vez que alcanzaba a zona de tres cuartos coruxista.

Deste xeito, a primeira opción chegou no 8, logo dun balón gañado por Primo, unha asistencia ao espazo de Miki e a rotura de Brais Abelenda, pero Alberto, o porteiro local, saíu rápido ao corte e cortou coa perna. A continuación, co balón morto, os nosos non foron quen de buscar o arco.

A velocidade de Miki tamén foi outro dos puntais no ataque compostelanista no primeiro acto, buscando os espazos ás costas da defensa. Por esta vía, antes de chegar ao cuarto de hora inicial, probárono os nosos, pero o extremo de Nigrán non puido recortar ao defensor xa dentro da área. E no 28, tras parede con Brais Abelenda, atopouse con Alberto cando tentaba dar o pase da morte.

Con todo, as mellores oportunidades chegarían pasada a primeira media hora. No 31, Brais Abelenda atopouse coa perna dun defensor cando tentaba armar o disparo desde dentro da área. E no 37, logo dun saque rápido co pé de Pato, Juampa sacouse un gran control e un disparo potente abaixo que saíu rozando o pau. Sen movementos no marcador e cun Compos superior, o partido chegou ao intermedio.

Á volta dos vestiarios, os locais quixeron meterlle unha marcha ao partido, pero seguían sendo os compostelanistas os que chegaban con maior claridade á zona de ataque. De feito, no 55, Brais Abelenda puido adiantar aos nosos, pero tras controlar no bordo da área, o seu disparo marchouse afastado da portería.

Pasada a hora de partido, chegou o momento dos cambios, o partido baixou unha marcha e foi o Coruxo o que o tentou aproveitar, guiados por un gran Mateo Míguez. Con todo, grazas á seguridade defensiva branquiazul, encabezada pola clásica dupla Casas-Soto, todos os intentos coruxistas eran repelidos. A única finalización dos vigueses foi un remate de tacón de Chevi , no 79, que saíu rozando o pau.

A pesar diso, mercé a un último arreón, o Compos buscou o tanto da vitoria nos últimos compases, pero volveu faltar ese chisco de fortuna para que a pelota acabe na rede. Nesta ocasión, Hugo Sanmartín, cun potente disparo desde tres cuartos de campo, atopouse co traveseiro da meta de Alberto, na opción máis clara do partido.

Por iso, a contenda non se desnivelou para ningún lado, significando a consecuente repartición de puntos entre Coruxo e Compos. Os nosos volven deixar a portaría a cero, por segunda vez consecutiva, e suman o seu segundo punto na tempada. A primeira vitoria terá que esperar e buscarase, de novo, no fortín, o vindeiro sábado ante o Guijuelo.

FICHA TÉCNICA:

0- Coruxo FC: Alberto; Antón de Vicente, Andriu, P. Crespo, Manu; Borja Yebra, J. Vila (Álex Ares, m.59); Mateo, Chevi (Rivera, m.83), Pedro Vázquez (Aitor Aspas, m.73); e J. Cárcaba.

0- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, David Soto, Jimmy; Pablo Antas, Roberto Baleato; Miki (Gabri Palmás, m.76), Brais Abelenda (Hugo Sanmartín, m.76), Juampa (Josiño, m.64); e Primo.

Goles: Sen goles.

Árbitro: Mallo Fernández (Castela e León). Amoestou a Pedro Vázquez, P. Crespo, Manu, Andriu e Mateo, polo Coruxo.

Incidencias: Campo do Vao (Vigo). Partido da terceira xornada de liga do Grupo 1 Subgrupo A de a Segunda División B disputado ante 300 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.