
Dende a esquerda: Miguel Fernández, director de marketing; Alberto Seoane, de Cecastar; Saro e Ramón Castro, director das relacións institucionais.
- O lateral analizou a previa do duelo deste sábado en Cecastar, o seu patrocinador e do partido contra o Llanera
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2022
Trala derrota en Luanco, a SD Compostela quere volver á boa dinámica e para iso terá que superar este sábado, no Vero Boquete, ao Llanera. Esta mañá, Saro, un dos capitáns do equipo, analizou como chega o Compos a esta cita, destacando a importancia de implantar o xogo habitual dos branquiazuis como clave para sacar os tres puntos.
A rolda de prensa tivo lugar nas instalacións de Cecastar, taller que segue apoiando un ano máis o proxecto, portando a súa imaxe no lateral compostelanista e patrocinando este gran encontro no fortín.
Declaracións destacadas.
Partido en Luanco. Tiñamos pensado sacar un resultado mellor, pero o luns xa falamos sobre o partido, miramos os fallos que tivemos e en que podiamos mellorar, polo que temos gañas de dar unha mellor imaxe contra o Llanera, sacar os tres puntos e quitarnos de encima está mala xeira de resultados.
Derrotas como visitantes. Estamos a atravesar unha fochanca de resultados. Non merecemos se cadra esas derrotas, pero a todos os equipos lles chega. Mellor que sexa agora que ao final e agardamos saír xa desa mala xeira, sobre todo fóra de casa.
Equipo na casa vs fóra. Tentamos ser o mesmo equipo, competir igual que na casa, pero os rivais no seu campo apertan máis, o terreo de xogo é distinto e estanos custando implantar o noso xogo. Tentaremos mellorar para solucionar eses aspectos.
Semana limpa. O partido do Arenteiro foi a única semana que xogamos tres partidos e as pernas non estaban moi frescas, o que nos pesou no partido para facer as xogadas de ataque. Creo que na casa estamos bastante ben e esta semana, que a temos limpa, tentaremos facer un bo partido e sacar os tres puntos.
Diferenzas dos campos. As medidas dun campo e outro son moi distintas. Eles teñen un campo moi pequeno e artificial, mentres que o Vero Boquete é de dimensións moi grandes e natural. Creo que non están afeitos a este tipo de terreos de xogo, polo que se temos a posesión de balón e facemos o que se nos dá ben, pódeno pasar mal aquí.
O Llanera. Seguramente, polo tipo de xogo que practican no seu campo, pode ser un rival que espere atrás e tente coller unha contra, ou aproveitar o balón parado, porque teñen moita altura. Penso que eles buscarán levar o partido a ese lado.
Igualdade. Vese que a liga é moi igualada. Ao final pódeche gañar calquera, polo que temos que tentar facernos fortes, sobre todo na casa, tentando rascar algo fóra, porque así poderemos estar no playoff a final de tempada.
Situación da clasificación. O Navalcarnero está na dinámica de toda a liga, moi regular toda a tempada. O Coruxo si que empezou moi mal e agora está nunha dinámica moi boa, sacando moitísimos puntos. Parece un rival perigoso, pero tentaremos mirar o noso, porque se facemos ben o noso traballo lograremos o obxectivo.
Participación persoal. Este ano tocoume así, pero estou a traballar para que cando me chegue a oportunidade facelo ben. Tento axudar ao equipo tanto nos adestramentos como cando teño minutos, e a seguir. Hai que axudar como capitán, e aínda que non o fose, porque somos un grupo e somos amigos, o que se ve dentro e fóra do campo.
Roque. Roque sorprendeume moito este ano, tanto a min como a moitos compañeiros. Ten un futuro por diante bastante bo e oxalá lle vaia ben. Agardamos que estea aquí moitos anos, porque o está facendo moi ben e alégrome moito por el.
Compartir en Redes Sociales
CompartirRelacionado
© Copyright 2018 | SD Compostela
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies | Términos y condiciones de compra