Saro renova no carril dereito

14 de Xuño de 2019

Renovación-Saro

  • O lateral santiagués seguirá un curso máis  enfundando a elástica branquiazul

Santiago de Compostela, a 14 de Xuño de 2019.

Cesáreo Seoane Mella, máis coñecido como Saro, seguirá un ano máis correndo pola banda dereita do Vero Boquete de San Lázaro. O lateral dereito santiagués renova o seu contrato co Compos por un ano máis, polo que cumprirá a súa cuarta tempada seguida defendendo a elástica branquiazul.

Saro, que chegou ao Compos procedente do Noia, cumprirá así o seu sétimo curso na Terceira División, categoría na que se asentou como un dos mellores carrís. No que respecta a a súa etapa en Santiago, o futbolista superou amplamente os 2.000 minutos de xogo e mesmo os 3.000 no primeiro ano.

Detalladamente, disputou 38 encontros na primeira tempada, trinta e seis deles como titular, 32 na segunda, con vinte e oito partindo de inicio, e 31 a pasada, con vinte e cinco na formación inicial, a última delas no partido de volta do playoff de ascenso contra o Deportivo Alavés B. Neste tempo, ademais, marcou dous goles e repartiu numerosas asistencias.

Coa súa firma, o equipo conta xa con seis peregrinos no camiño a Segunda B. Ao lateral súmanselle tamén Álvaro Naveira, Alberto Freire, Álvaro Casas, Samu Rodríguez e Jorge Queiruga.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.