Saro non seguirá na SD Compostela

  • O lateral santiagués deixa o club tras seis tempadas e 163 partidos

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2022

Cesáreo Seoane Mella ‘Saro’, despois de seis tempadas, non continuará na SD Compostela, unha vez se tomou a decisión de non realizarlle a oferta de renovación. O excapitán, que chegou ao club tralo último descenso a Terceira División, destacou durante estes anos pola súa enorme entrega ao equipo da súa vida, un periplo cheo de éxitos no que debutou en Segunda B.

Durante estas seis campañas como xogador branquiazul, Saro disputou un total de 163 encontros, a gran maioría como titular. Esa importancia levoulle a ser un puntal na defensa compostelanista, participando no récord de minutos seguidos sen encaixar da Tempada 18/19, pero tamén dentro do vestiario, como un dos capitáns do equipo.

A SD Compostela quere agradecer a Saro o seu traballo, entrega e dedicación polo ben do club, desexándolle o maior dos éxitos para o seu futuro.

 

Moitas grazas, Saro!

Compartir en Redes Sociales

Relacionado