Rubén e Alberto quédanse no Compos

DSC_0164

Alberto Freire no Triangular de Praíña contra o Coruxo

  • O plantel de Yago Iglesias está a piques de pecharse despois da incorporación doutros dous xogadores máis.

Santiago de Compostela, a 4 de agosto de 2016.

Rubén Martínez e Alberto Freire, xogadores que estaban a proba coa SD desde o principio da pretemporada, formarán parte do novo proxecto do Compos, logo de que o técnico ribeirense quedase satisfeito co traballo que realizaron durante estas tres semanas.

Rubén Martínez (28/10/1994) é un extremo esquerdo de 21 anos que militou o curso pasado no Arousa, de terceira división, e que conta coa experiencia de desputar tres tempadas na Terceira división galega.

O seu debut na categoría foi precisamente co Arousa, conxunto ao que estivo ligado nas súas categorías inferiores. Co equipo da Illa, no seu primeiro ano xogou tan só 9 partidos, polo que na seguinte saíu cedido ao Xuventú Sanxenxo, conxunto co que desputou 29 encontros, nos que anotou cinco goles. Logo da súa cesión, Rubén regresou ao Arousa para quedar e así o fixo. 25 partidos nos que anotou dous goles.

Pola súa banda, Alberto Freire (11/09/1997), é un centrocampista que procede do xuvenil de Liga Nacional. Aos seus 18 anos, Alberto entra na categoría sénior da man da SD Compostela. A pesar da súa mocidade, o seu traballo e calidade técnica provocaron que Yago Igrexas o elixíse para continuar co equipo ata que termine a tempada.

O curso pasado, cos xuvenís, disputou 32 partidos nos que anotou 6 goles, sendo un referente do equipo xunto ao seu compañeiro, e que tamén fichou este ano polo primeiro equipo, Juan Rey.

Con estas dúas incorporacións queda practicamente pechado o plantel para o curso que vén. Queda unha praza vacante que se decidirá nas próximas horas.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado