Roque: “Se xogamos igual que contra o Coruxo, seguro que gañamos”

Mateo García, de Sisrecon Pavimentos, e Roque, na sede da empresa que patrocina ao xogador e o partido contra o Adarve.

  • O canteirán aposta por xogar con intensidade dende o minuto un para poder superar ao líder

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2022

Na sede de Sisrecon Pavimentos, o seu patrocinador e o da visita da SD Compostela ao campo do Adarve, Roque analizou a previa do encontro contra o líder. O canteirán branquiazul destacou a boa imaxe mostrada contra o Coruxo e aposta por seguir nesa liña para poder superar ao conxunto madrileño. Para iso, confía en adaptarse rápido ao terreo de xogo do Vicente del Bosque e xogar con intensidade dende o inicio.

Declaracións destacadas.

Sensacións do equipo. Estamos ben, confiando no que nos di o míster e en sacar o partido do Adarve adiante. Se xogamos igual que contra o Coruxo, seguro que gañamos.

Camiño a seguir. Víronse esas ganas de gañar, de querer máis, de ir a polo partido xa desde o primeiro minuto e apertar arriba para sacar o resultado. Non se deu o resultado que queriamos, pero hai que seguir traballando e facer o mesmo que ata o de agora.

Intensidade mostrada o pasado domingo. Esa intensidade será clave, porque haberá moitos duelos. É un campo pequeno, de herba artificial e eles sairán a gañar, porque tamén levan unha dinámica non moi boa. Será un partido bonito e interesante.

Lección da primeira volta. Que non se nos vaia o partido tan fácil como na primeira volta. Tiñamos o partido dominado, controlado e iamos gañando, pero por un fallo noso, unha desconcentración, marcáronnos o empate e non soubemos ir a polo segundo. Se marcamos o primeiro, hai que ir a polo segundo e así sucesivamente.

Campo de artificial. Pode ser unha desvantaxe, contando que levamos todo o ano adestrando en natural e que xogamos case sempre en natural. Non estamos tan afeitos, pero creo que nos adaptaremos ben desde o primeiro minuto e xogar como sabemos.

Situación persoal. Esta tempada está a ser impresionante, non me esperaba nada disto a principio de tempada. Estou encantadísimo e moi contento coa confianza de Rodri e dos compañeiros.

Mensaxe dos capitáns. Que siga así, que xogue como eu sei e que vaia sen medo para adiante.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado