Roque adquire ficha do primeiro equipo e portará o dorsal ‘16’

Roque, nun partido desta tempada no Vero Boquete de San Lázaro.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2022

O xogador da SD Compostela Roque González, ata o de agora con licenza do Sigüeiro FC, adquiriu ficha do primeiro equipo tras unha extraordinaria primeira volta. A partir de agora, o defensor compostelanista portará o dorsal ‘16’, un dos que se atopaban libres.

Durante esta tempada, Roque disputou un total de 13 partidos, 11 deles de titular, para un total de 986 minutos.

O seu debut co primeiro equipo produciuse a tempada pasada no último encontro de liga contra o Langreo, despois de lograr o ascenso co Xuvenil A, mentres que este ano, tras realizar unha gran pretempada, asentouse nos plans de Rodri para o lateral dereito.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado