Roque: “A clave é deixar a portería a cero porque ocasións imos ter”

Roque e Fernando Leis, xerente de O Pan de Leis, no establecemento da firma no Milladoiro.

  • O reconvertido a mediocentro analizou a previa do partido ante o Valladolid Promesas no Pan de Leis

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2022

Nas instalacións do Pan de Leis do Milladoiro, Roque analizou o gran momento do equipo e a previa do partidazo do domingo ante o Valladolid Promesas. Nun dos tres establecementos da firma que patrocina ao reconvertido a mediocentro e o encontro de despedida do 2022 no Vero Boquete, o compostelanista destacou a importancia de seguir mantendo a portería a cero para prolongar a serie positiva.

Momento de forma. Vimos dunha xeira moi positiva, sacando resultados en campos complicados e tócanos seguir. Vén un rival directo e hai que prolongar a xeira.

Aspectos claves o domingo. A clave é a portería a cero e defender ben, porque ocasións imos ter e algunha a aproveitaremos.

Traballo no xogo sen balón. Fabiano segue insistindo día tras día, porque coa portería a cero sempre podes gañar ata o minuto 90, e ímonos seguir defendendo igual.

O Valladolid B. Vén de descender de Primeira RFEF, está a facelo moi ben este ano, ten xogadores rápidos arriba e creo que nos custará, pero imos sacar os tres puntos.

Importancia da afección. Canta máis xente veña mellor, porque iso dános un plus. Que a xente che estea apoiando sóbeche a moral moitísimo e sales a por todas.

Xogar no medio. Ao principio sorprendeume moito, porque levaba moitos anos sen xogar nesa posición, pero véxome bastante ben, o míster dáme toda a confianza do mundo, os compañeiros están a axudarme moito e atópome cómodo xogando de mediocentro.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado