Rodri Alonso, un goleador rápido e loitador

Fichaxe-Rodri-Alonso-Twitter

  • O punta de Ponferrada chega procedente do Rápido e firma por unha tempada

Santiago de Compostela, a 4 de Xullo de 2019.

Rodrigo Alonso Fernández (09/04/1992) será o dianteiro da SD Compostela a próxima tempada. O punta de Ponferrada, tralo seu paso polo Rápido de Bouzas, regresa ao grupo ún da Terceira División, tras asinar por un ano no proxecto branquiazul que camiña cara á Segunda B.

Rodri, aos seus 27 anos, é un atacante máis que contrastado no fútbol galego e nacional. A súa polivalencia permítelle actuar como referencia ou desde a banda, aproveitando o seu destacado instinto goleador, a súa rapidez, a súa capacidade de desmarque ao espazo e a virtude para ir ao choque e gañar os duelos cos defensores.

Esta será a súa cuarta campaña na terceira galega, na que acumula 114 partidos e 39 goles, tralo seu paso polo Barco e o Bergantiños. Ademais, a estes suma un curso en Preferente no cadro de Valdeorras e outros dous en Segunda División B, ún no Real Unión e o último co Rápido.

Desde a súa aterraxe no Barco, Rodri destacou polas súas enormes virtudes como atacante, sendo unha peza fundamental do conxunto ourensán, co que logrou o ascenso no primeiro ano e un meritorio sexto posto no seu debut en Terceira. Nesas dúas campañas xogou 23 e 34 encontros respectivamente, logrando 18 e 13 goles en cada unha delas.

As súas grandes actuacións abríronlle as portas do Bergantiños, conxunto co que tamén disputaría dúas tempadas e no que xogou dúas fases de ascenso consecutivas. No primeiro curso participou en 40 duelos, 35 como titular, e no segundo en 39, e de novo 35 saíndo de inicio, polo que superou os 3.000 minutos de xogo en ambos casos. A súa presenza quedou engalanada coas once e quince dianas que conseguiu anotar, a última delas na eliminatoria de ascenso ante o Cirbonero.

De novo, o bo rendemento chamou a atención do Rápido de Bouzas, tendo a oportunidade de regresar á división de bronce. En Vigo, disputou 31 encontros, 14 de inicio, nos que conseguiu marcar catro goles.

Coa súa incorporación, o Compos faise cun gran dianteiro e á vez suma xa a décimo sexta peza ao seu plantel. Forman parte del: Álvaro Casas, Álvaro Naveira, Alberto Freire, Anxo Pérez, Brais Abelenda, Gabri Palmás, Hugo Sanmartín, Jorge Queiruga, Josiño, Miki, Mon, Roberto Baleato, Samu, Saro e Sergio Pereira.

Firma Rodri

Compartir en Redes Sociales

Relacionado