Reválida en Lugo para o Compos

18 de Xaneiro de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/P3skqCv1eu0″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Os branquiazuis queren empezar ben a segunda volta tras as dúas últimas derrotas

Santiago de Compostela, a 18 de Xaneiro de 2019.

A SD Compostela iniciará este domingo ás 12.15 horas no Campo da Cheda a segunda volta do campionato. Os branquiazuis enfrontaranse ao Polvorín Lugo B, un equipo que foi de menos a máis nesta liga, coa intención de regresar á senda da vitoria despois de dúas derrotas seguidas.

“Temos ganas de que chegue o domingo para poñernos en acción e volver á senda dos triunfos. Non será fácil, é un desprazamento fóra contra un rival de moito potencial, un filial dun equipo profesional con xogadores de nivel, pero iremos xogar para volver cos tres puntos”, apuntou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Este perfil do rival fai que sexa un equipo cun xogo similar ao dos nosos, algo que xa se viu na primeira volta. “É un conxunto que quere ser protagonista co balón, con moita mobilidade e que xoga moito en curto”, comentou o técnico.

Ese xogo colectivo fundaméntase “nuns xogadores novos de gran calidade e que están chamados a formar parte do primeiro equipo, ou con futuro profesional, a curto ou medio prazo”. Estas características definen a un conxunto “cun xogo fluído, moi físico por ser novos, intensos, pero que tamén teñen as súas contras, como non ser capaces de manter un mesmo nivel durante os 90 minutos ou sufrir en determinadas situacións do partido”, sinalou.

Outro aspecto a ter en conta será o campo de xogo da Cheda, un terreo de herba artificial que non gusta moito a Yago. “Veremos como está o terreo de xogo, porque é totalmente distinto ao que pensabamos, xa que na xornada un xogariamos no Anxo Carro. Hai que ver as súas dimensións, o seu estado e axustar o traballado entre semana”, analizou o adestrador.

Con todo, buscando facerlles dano nos seus puntos máis débiles, e coa confianza de ser capaces de gañar en campos deste estilo, o equipo confía en reverter a situación o domingo. Para iso, o corpo técnico poderá contar con todos os seus efectivos, fóra de Álvaro Casas, sancionado por acumulación de tarxetas, e Alberto Freire, quen está máis preto de reaparecer.

Os dezaseis que finalmente viaxen o domingo a Lugo buscarán unha reválida na Cheda. Será unha proba dura, pero teñen moitas ganas de que soe xa o asubío inicial para entrar en acción e volver sumar de tres na estrea da segunda volta.

David Uña Ourense

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta⏰ 16.00🏟️ El Requexón 1📺 Youtube Real Oviedo🙌 Só vale gañar!!! Imos a pola vitoria!!!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.