Resultados das probas a Pablo Antas e Primo

  • O mediocentro sofre unha lesión illada no ligamento colateral externo do xeonllo esquerdo e queda pendente de evolución
  • O dianteiro sufre unha rotura muscular no terzo proximal dos isquiotibiais do muslo dereito

Santiago de Compostela, a 26 de Febreiro de 2021.

Os resultados das probas realizadas a Pablo Antas e Óscar Conde Primo confirman o primeiro diagnóstico realizado polo doutor Marque.

No caso do mediocentro de Monterroso, a resonancia realizada confirma a lesión illada do ligamento colateral externo do xeonllo esquerdo. Neste caso, o tempo de baixa dependerá da evolución da lesión. Esa evolución marcará se chega ao vindeiro partido do equipo no Vero Boquete.

Pola súa banda, no caso do dianteiro cántabro, as novas non son tan esperanzadoras, xa que a ecografía realizada confirma una rotura muscular, con importante sangrado, no terzo proximal dos isquiotibiais da coxa dereita. O tempo mínimo de recuperación será de tres semanas. Na mesma proba tamén se confirma a boa cicatrización da lesión anterior nesa mesma musculatura.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado