Requisitos covid para acceder este domingo ao Vero Boquete

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022

Para poder acceder ao Estadio Verónica Boquete de San Lázaro este domingo 23 de xaneiro, para vivir o #PartidoCincoEstrellas que medirá á SD Compostela contra o Pontevedra CF SAD, será necesario que todas as persoas maiores de 12 anos presenten algún dos seguintes certificados na porta de acceso, tal e como se indica no Diario Oficial de Galicia do 17 de decembro coa ORDE do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a eventos multitudinarios.

Certificados válidos:

1º Certificado de recepción da pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

2º Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR; e 48 horas, no caso dos test de antíxenos.

– No caso dos test rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa.

3º Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, non sendo válido outro tipo de test.

Os citados requisitos son imprescindibles e obrigatorios, polo que calquera persoa que non os cumpra non poderá acceder ao Estadio. Ademais, cada usuario deberá presentar tamén o seu DNI.

Enlace DOGA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211217/AnuncioC3K1-151221-1_gl.html

Compartir en Redes Sociales

Relacionado