Reparto das 1.000 entradas para o duelo contra o Marino na Tenda e Oficina

  • Os abonados poderán retirar a súa entrada dende mañá, venres 23, ata o venres 30 na Tenda do Club ou na Oficina
  • O horario da tenda é de MARTES a DOMINGO, de 12.00 a 20.30 horas, e o da Oficina de LUNS a VENRES, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas
  • Se sobran entradas, estarán á venda para o público xeral o venres e sábado na TENDA e o venres e día de partido (desde unha hora antes) nas OFICINAS
  • Tanto os abonados como o público xeral, para acceder ao Estadio (obrigatorio antes das 17.00 horas), deberán traer asinada a Declaración Responsable das súas casas

Santiago de Compostela, a 22 de Abril de 2021.

A SD Compostela despedirase da Fase Intermedia no fortín ante o Club Marino de Luanco, un partido que se disputará o domingo 2 de maio, ás 17.00 horas, no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Ao encontro poderán asistir un máximo de 1.000 espectadores, polo que a partir de mañá venres, 23 de abril, os abonados xa poderán retirar a súa invitación na TENDA OFICIAL do Club (Rúa da Raíña, 8) ou na OFICINA.

Os abonados do club terán preferencia para retirar a súa entrada ata o xoves 29, aínda que tamén poderán recibila ao longo da xornada do venres 30, igualmente na Tenda ou na Oficina, aínda que dependerá das que queden dispoñibles.

ABONADOS

Os abonados poderán retirar a entrada para o partido DESDE mañá VENRES 23 ATA o VENRES 30 de abril. Poderán facelo na Tenda Oficial do Club (Rúa da Raíña, 8, Santiago), no seu horario habitual, de MARTES a DOMINGO, dende as 12.00 ás 20.30 horas; ou nas Oficinas do Club (Estadio Verónica Boquete), de LUNS a VENRES, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Recollida

Para recoller a invitación para o partido, o abonado deberá presentar o DNI acreditativo da identidade do mesmo, informándoselle nese momento da hora e porta de acceso, medidas que se deben cumprir para evitar calquera tipo de aglomeración e respectar os protocolos de seguridade e hixiene. Todos os afeccionados entrarán ao Estadio antes das 17.00 horas, momento no que se pecharán as portas.

No caso de querer retirar a invitación en nome doutro abonado deberán presentar o DNI e Abono físicos da devandita persoa.

Público Xeral

No caso de que queden entradas libres, o VENRES 30 xa se poñerán á venda para o PÚBLICO XERAL. Neste caso, estarán dispoñibles para os interesados o VENRES e SÁBADO na Tenda Oficial (de 12.00 a 20.30 horas); e o venres (de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas) e o día de partido (de 16.00 a 16.50 horas) nas OFICINAS do club.

O prezo das entradas será de 20€ para o público xeral e de 10€ para os menores de idade.

DECLARACIÓN RESPONSABLE

Para entrar ao Estadio Verónica Boquete de San Lázaro é indispensable levar cuberta a Declaración Responsable Covid-19, que se debe descargar desde a páxina de inicio da web do club (www.sdcompostela.com).

Tanto para os ABONADOS como para aqueles que queiran COMPRAR a ENTRADA, DEBEN TRAER IMPRESA e CUBERTA a folla dende as súas casas.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado