Remontada para despedir o ano

16 de Decembro de 2018
Santi adicoulle o gol ao seu avó, nun partido patrocinado por Gastrobar El Patio. Foto: Amadeo Rey.
Santi adicoulle o gol ao seu avó, nun partido patrocinado por Gastrobar El Patio. Foto: Amadeo Rey.
  • A SD Compostela venceu ao Ribadumia por 5-2 con catro tantos na segundo metade

Santiago de Compostela, a 16 de Decembro de 2018

O Compos despediu un gran 2018 cunha nova vitoria no Vero Boquete. Os branquiazuis, imparables no seu fortín, superaron ao Ribadumia por 5-2 con catro tantos na segunda metade. Fíxoo nun día de celebración, que comezou coa presenza da futbolista santiaguesa no campo, e que acabou en festa de inauguración do Nadal.

No primeiro acto, un gran Ribadumia adiantouse por dúas veces con goles de Fran Fandiño e Hugo Soto, invalidando o de Aythami para os nosos. Na segunda, Brais Abelenda, cun dobrete, Santi e Rubén certificaron a remontada e a vitoria final.

Tras todos os actos protocolarios por Vero Boquete, Compostela e Ribadumia batéronse en duelo tentando mostrar as súas mellores armas. Co xogo combinativo como primeira premisa para xerar ocasións, ambos gozaron dunha primeira parte de ti a ti.

O primeiro en avisar foi o conxunto local, cun disparo de Marcos Remeseiro de socato que salvou Roberto Pazos na liña, malia que os encargados de estrear o marcador serían os visitantes. Fran Fandiño gañou metros polo carril central e axustou o seu disparo á cepa do poste, facendo imposible a estirada de Anxo.

Á inversa, o Ribadumia rozou o segundo nun golpeo de Hugo Soto na área pequena que desviou o porteiro local cunha reacción felina, e a continuación empatou o Compos. Miky gañou a liña de fondo e serviulle o balón para un Aythami que remachou de primeiras ao fondo da rede.

Con todo, os visitantes reaccionaron rápido e aos seis minutos lograron o segundo. Esta vez, Hugo Soto, só na área, non perdoou, superando a Anxo cun disparo cruzado no man a man. E antes do intermedio, na última xogada, puido caer o empate, pero Gabi despexou na liña de gol o toque de Aythami, quen pescou un balón que se lle escapou ao meta visitante nun córner.

Tras o ida e volta do primeiro acto, o Compos non quixo sorpresas na segunda metade. Os branquiazuis viraron o xogo nunha única dirección e, a partir dun dobre cambio, acabaron consumando a remontada. Entraron Santi e Rubén, para darlle máis amplitude e mobilidade ao ataque, e ao minuto atoparon o premio.

Na primeira que recibiu Rubén, tras combinación con Santi, o extremo foi derrubado claramente por Miguel Vázquez, quen xa tiña unha amarela, polo que deixou ao seu equipo en inferioridade. Na xogada ensaiada, Samu colgouna para Piscu, este deixouna de cabeza para Santi e o lucense serviu a asistencia para que Brais Abelenda, tras controlar, definise ao fondo das mallas.

Este tanto foi o preludio do que seguiría chegando a continuación. No 62, os nosos selaron a remontada, de novo, cun dos xogadores de refresco. Brais Abelenda gañou a liña de fondo pola esquerda, puxo o pase atrás para Santi e lucense marcou cun potente disparo de primeiras, diana con adicatoria especial ao ceo.

Non se conformaron os branquiazuis, e tras varias contras que non tiveron o final desexado, Brais Abelenda sentenciou o duelo no 80. O pichichi selou o seu dobrete cun balón que recibiu ao espazo, gañou na pugna co central e superou a Roberto no man a man.

Xa nos últimos minutos, despois de varias intervencións do porteiro, Rubén aproveitou un despexe curto do propio Pazos para enviar a pelota á rede e pechar a conta goleadora branquiazul.

Así, cun parcial de 4-0 no segundo tempo, o Compos consumou a remontada para despedir o ano no Vero Boquete da mellor maneira posible. Tres novos puntos para manter o idilio co fortín branquiazul, para seguir nos postos de playoff e para encarar a última xornada do curso contra o Somozas, o sábado ás cinco.

FICHA TÉCNICA:

5- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Álvaro Casas, Piscu, Sergio Pereira; Samu, Marcos Remeseiro; Miky, Álex Ares (Rubén, m.53), Brais Abelenda (Josiño, m.82); e Aythami (Santi, m.53).

CD Ribadumia: Roberto Pazos; Gabi, Miguel Vázquez, Manu Bugallo, Diego; Óscar, Manu Santos, Mota (Alberto Rey, m.78), Monchito (Cheri, m.60); Fran Fandiño (Aarón Paredes, m.60) e Hugo Soto.

Goles: 0-1: Fran Fandiño, min.19; 1-1: Aythami, min.26; 1-2: Hugo Soto, min.32; 2-2: Brais Abelenda, min.55; 3-2: Santi, min.62; 4-2: Brais Abelenda, min.80; 5-2: Rubén, min.88.

Árbitro: Castro Alarcón, colexio coruñés. Expulsou a Miguel Vázquez (m.54) por dobre cartón marelo. Ademais, amoestou a Rubén, polos locais.

Incidencias: Partido da décimo sétima xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Estadio Vero Boquete de San Lázaro ante 720 espectadores. Antes do inicio, gardouse un minuto de silencio polo pasamento do avó do xogador Santi Gegunde. Ademais, a xogadora santiaguesa firmou o libro do club e realizou o saque de honra.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.