Recuperar sensacións no derbi

8 de Marzo de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/jPkJExw5YSA” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos quere volver sumar de tres, tras tres xornadas, ante o seu público

Santiago de Compostela, a 8 de Marzo de 2019

A SD Compostela ten fame de vitoria. Tras dúas saídas nas que os resultados non foron os máis esperados, sobre todo polo desenvolvemento destes, o equipo branquiazul quere volver á senda triunfal no seu fortín. Para iso, o reto no Vero Boquete de San Lázaro enfróntaos, nin máis nin menos que, ao Racing Club de Ferrol, encontro considerado como o derbi da Terceira pola sa rivalidade que hai entre ambos.

“É unha motivación extra sempre xogar na nosa casa, coa nosa xente, e máis sendo un derbi a nivel galego, un conxunto que pelexa connosco polo playoff e que, a priori, era o miura da categoría”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa, quen tachou o duelo de emotivo e importante para sacar adiante.

Os nosos queren sacar os tres puntos xa que, en caso de perder, segundo o propio técnico, sería moi difícil pillalos de novo. “Penso que estamos na mesma situación que cando fomos a Carballo. Por iso, só espero que o resultado sexa distinto e que reflictan os méritos que fagamos no campo, non como ese día”, analizou.

O obxectivo, por tanto, é “levar a batuta do encontro e sacar o triunfo para achegarnos, meterlle o medo aos demais e facer máis atractivo o final de liga”, sinalou. A proposta, para alcanzalo está clara, malia que a formulación será unha incógnita. “Buscaremos a vitoria coa posesión, sometendo ao rival co balón, e a partir de aí veremos cal dos dous debuxos traballados entre semana é o que escollemos”, sinalou.

Pero para que o domingo ás sete da tarde os santiagueses poidan festexar un triunfo, primeiro haberá que superar ao “transatlántico da categoría”, tanto por nomes, como por proposta, política do club e historia. “É un equipo doutro nivel, no que podo resaltar os seus once xogadores, empezando desde atrás con Diego ata a dianteira con Joselu e Juan Antonio. Pero tamén pasando por Pablo Rey, Catú ou Seoane”, detallou.

Tras dous encontros neste curso, nos que ambos acabaron con empate, Yago considera que coñecen ben ao rival. “Temos que controlar a súa fronte de ataque e o seu balón parado, mentres que eles deberán vixiar máis cousas de nós do que pode dicir a clasificación”, comentou.

Por iso, no que segundo o adestrador santiagués, galardoado este xoves polo seu traballo na III Gala do Deporte de Santiago, xogarase ao 80% as opcións de pelexar de ambos, o Compos espera cortar a súa dinámica de perder sempre dous partidos consecutivos.

Semana a semana, os nosos son cada vez mellor equipo, manexan máis rexistros e variables e agardan que, por fin, se reflicta no marcador final. Así, con todos dispoñibles, a espera de Lorenzo, e co apoio incondicional do público, queren recuperar sensacións no derbi e apertar aínda máis a loita pola cabeza da táboa.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.