“Queremos que o cidadán vexa os valores da SD reflectidos en nós”

27 de Novembro de 2020
Jaime Rey Miki Villar 2
Jaime Rey (esquerda), acompañando a Miki Villar na sede de Segundo Rey no Polígono do Milladoiro.

Segundo Rey leva vinte anos apoiando á SD Compostela e esta tempada faino patrocinando ao extremo Miki Villar e o próximo derbi galego contra o Pontevedra no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Co seu apoio continuado ao fútbol base como maior fonte de  orgullo, están desexando poder celebrar as vitorias do equipo no fortín branquiazul.

Cal é a súa actividade?

A nosa empresa dedícase á venda de cociñas e baños, así como de materiais para decoración en pavimentos para calquera lugar da vivenda. A nosa actividade comezou no ano 1989 e continuamos desde entón atendendo aos nosos clientes, amigos e colaboradores nas nosas instalacións en Milladoiro.

Dende cando patrocinan ao equipo?

Levamos colaborando coa SD desde 1990, ano do ascenso a segunda división do mítico equipo que dirixía Fernando Castro Santos. Desde entón colaborouse co club na medida do posible, a pesar das dificultades nos anos da crise. Como empresa que naceu en Compostela, entendemos que é fundamental apoiar aos equipos da cidade, non só aos de primeira liña, senón tamén a aqueles deportes minoritarios que dan valor á cidade.

Que lles levou a facelo?

Sempre é unha alegría ver como traballando duro e con seriedade conséguense os obxectivos, aínda que sexan tan complicados como subir á Segunda División B. E este ascenso, como empresa, dános moita máis visibilidade e é un gran orgullo ao axudar, na medida das nosas posibilidades, para lograr este obxectivo.

Que supón o ascenso de categoría para o seu patrocinio?

Somos conscientes de que os afeccionados valoran a aquelas empresas que se comprometen cos equipos da cidade, pero non se busca un retorno económico como tal. É máis a vinculación cun proxecto que enche de orgullo aos composteláns. Que o cidadán vexa os valores da SD reflectidos na nosa empresa.

Cal é a súa relación co deporte en xeral e a SD Compostela en particular?

Durante os últimos anos, ademais da a SD, apoiamos ao Obradoiro CAB, pero o que máis nos satisfai é o apoio que estamos a dar ás categorías inferiores do fútbol base da SD Compostela, a través do patrocinio dos Campus de Nadal e Verán, nos que colaboramos dende hai varios anos.

Na SD contamos con grandes amigos, fundamentalmente o presidente, Antonio Quinteiro, e o director de marketing, Javier Puñal. Eles souberon transmitirnos os seus desexos, esperanzas e obxectivos, e nós estamos aí para axudar a conseguilos.

Un desexo para esta tempada

Que pronto podamos vernos no Vero Boquete de San Lázaro para poder celebrar as vitorias do Compos.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

49 minutes ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 | @antonpermuy 💛🖤⚽️ ONCE do COMPOS🆚 @realoviedo Vetusta⌚️ 16.00🏟 El Requexón 1#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta⏰ 16.00🏟️ El Requexón 1📺 Youtube Real Oviedo🙌 Só vale gañar!!! Imos a pola vitoria!!!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.