Queiruga non seguirá na SD Compostela

  • O xogador e a SD Compostela acordaron a rescisión do seu contrato
  • O club agradécelle a súa contribución ao Compos e deséxalle a maior das sortes para o seu futuro

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2021

Jorge Queiruga non seguirá na SD Compostela. O xogador e o club acordaron a rescisión do seu contrato, polo que o de onte foi, ata a data, o último encontro do central coa camiseta branquiazul. A entidade agradécelle a súa contribución ao equipo nos seus anos como compostelanista, tanto na base como no primeiro equipo, e deséxalle a maior das sortes para o seu futuro.

O defensor santiagués deixa a SD Compostela despois de cinco anos, nos que alternou tempadas no club con cesións. Así, aterrou en 2016, en idade xuvenil, disputando dúas campañas en Liga Nacional e participando en adestramentos do primeiro equipo. No seu último curso na base, marchouse cedido ao Puebla, regresando en 2019 para ser partícipe do ascenso á Segunda División B. Pola súa banda, xa na última campaña, estivo cedido no CSD Arzúa.

Moita grazas, Queiru, e moita sorte para o futuro!!!

Compartir en Redes Sociales

Relacionado